Venres 29 Marzo 2024

Sánchez nomea asesor a un médico que se burlaba do coronavirus

O catedrático Antoni Trilla, novo membro do Comité Científico, denunciaba en febreiro a 'histeria' dos que pensaban que provocaría mortalidade

“Mira que se descubren que o percebe é o hóspede do coronavirus, a que se vai montar en Galicia”. Así bromeaba o médico Antoni Trilla co SARS-Cov-2 hai pouco máis dun mes, o pasado 16 de febreiro, nunha entrevista que publicaba o xornal ‘La Voz de Galicia‘. Entre bromas, chistes e desprezando o alcance da epidemia, o catedrático da Universidade de Barcelona lamentaba que se estaba a xerar ‘histeria sen fundamento’ e dicía que “o que dende logo non vai pasar é unha epidemia de proporcións bíblicas e de gran mortalidade“, prevendo que no “peor dos casos incorporarase ao grupo de virus que cada ano nos tocan os narices desde decembro ata marzo”.

Cinco semanas máis tarde, Antoni Trilla García foi nomeado este sábado membro do Comité Científico Técnico Covid-19, anunciado polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez. Figura como primeiro da listaxe xunto a outros sete científicos españois.

Publicidade

Trilla, que tamén é o responsable de Medicina Preventiva do Hospital Clínic de Barcelona, facía o 16 de febreiro diversas bromas co coronavirus, restándolle importancia e criticando calquera cancelación de eventos públicos: “Está a xerarse unha histeria sen fundamento. Creo que a ciencia, lamentablemente, perdeu a batalla fronte ao medo no caso do coronavirus. A xente ten un temor infundado a moitas cousas e dá igual o que lles expliques, o que lles digas, o que diga a OMS… Desde un punto de vista científico estrito, están a tomarse decisións que non teñen ningún sentido”.

“Só é unha epidemia en China e, aínda que non se descarta que poida haber brotes puntuais noutros países”, manifestaba, para calificar logo a cancelación do Mobile World Congress de Barcelona: “Foi a Paixón de Cristo do Mobile. A compañía podía insistir nun primeiro momento en que o cancelasen porque, esaxerando, como case fixeron, podían dicir que aquí en Barcelona estabamos na mesma situación que en Wuhan, porque había un risco tremebundo. Pero dixémoslles: Oia!, que aquí non hai casos e que se o temos detectámolos e illámolos”.

“O que desde logo non vai pasar é unha epidemia de proporcións bíblicas e de gran mortalidade”

Trilla sostiña que “dende o punto de vista de saúde pública é unha decisión que non ten ningunha base, nin epidemiolóxica, nin clínica, nin de seguimento das recomendacións oficiais da OMS. Non hai ningunha razón para suspender un acontecemento como o Mobile desde un punto de vista da saúde pública. A partir de aí, o que queiras… Alá eles”.

O catedrático amosábase convencido de que había “moitas probabilidades de que o coronavirus non se estenda máis aló dalgúns focos concretos en China. Creo que o incendio se apagará en China, aínda que con farto esforzo, e probablemente un pouco máis tarde do que sería desexable. Pero observar con preocupación e dicir que isto é inevitable, pois non”.

Unha das súas predicións máis chamativas foi que o coronavirus non causaría mortalidade e que sería pouco máis que un arrefriado que nos ‘tocaría as narices‘: “No peor de todos os escenarios posibles ao que se apunta é a que quizais acabemos con este virus dando voltas polo mundo cada ano formando parte doutros como os da gripe ou os arrefriados. É moi difícil que isto ocorra, pero tampouco é descartable. O que desde logo non vai pasar é unha epidemia de proporcións bíblicas e de gran mortalidade. Insisto en que no peor dos casos incorporarase ao grupo de virus que cada ano tócannos os narices desde decembro ata marzo”.

Noutra entrevista, datada o 7 de marzo, Trilla aínda mantiña esta posición: “Non hai ningún dato que nos indique que o brote de España estea descontrolado. Salvo en casos concretos como Torrexón de Ardoz ou Vitoria non creo que sexa necesario aplicar medidas máis drásticas, como en Italia, aínda que haberá que seguir a evolución día a día e, segundo o que ocorra, adaptar os escenarios”.

Daquela, Trilla xa asesoraba ao Goberno, segundo manifestou hoxe María José Sierra, xefa de Área do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias: “Constituíuse formalmente hoxe, pero realmente todos os expertos vimos traballando con eles desde o principio. Están a asesorarnos e axudando a facer as guías, os procedementos…”.

O mesmo día 7 de marzo no que Trilla negaba que o brote estivese ‘descontrolado’ e non veía necesarias “medidas máis drásticas”, outros científicos pintaban un panorama ben diferente, describindo exactamente o que logo pasou. Así foi o caso de Juan Gestal, catedrático emérito da Universidade de Santiago: “Irase difundindo por toda España, do mesmo xeito que o fai o virus da gripe”. E igual de contundente era outro científico, Germán Bou: “Creo que isto é xa imparable. Creo que vai acabar colonizando a todo o planeta e que a transmisión será xeneralizada, sobre todo porque hai persoas que están infectadas que non teñen síntomas e que poden propagar o virus a outras sen sabelo”.

Aquí podes ler a entrevista con Antoni Trilla na que bromea coa gravidade do coronavirus o 16 de febreiro

5 COMENTÁRIOS

  1. É correcto o titulo da nova? ou é pretendidamente tendencioso. Non perdan o norte, que non se recupera con facilidade.
    O anónimo autor que publica con urxencia, as 16:30h de hoxe, algo que non é urxente, e asina como redacción, debería relaxarse con outros ocios.
    Pouco pintan nesta información as referencias utilizadas na nova, a saber: “Saúde, Antoni Trilla, coronavirus, Hospital Clinic de Barcelona, La Voz de Galicia, sars, Universidade de Barcelona”

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que están aumentando os casos de covid en Galicia? Estas son as claves

Un maior movemento da poboación no verán, a caída da inmunidade e a aparición de novas liñaxes de ómicron poden ser os desencadeantes

Nova variante covid? Estes son os motivos polos que están aumentando os casos en España

O cambio de costumes durante o verán e a relaxación das medidas preventivas explicarían o incremento de contaxios

Sonia Villapol: “En Galicia estímase que 75.000 persoas teñen covid persistente”

A neurocientífica galega acaba de publicar un libro no que reflexiona sobre as leccións aprendidas durante a pandemia

Un equipo galego deseña un sistema para detectar o ARN do coronavirus

Tamén presentou avances en novas ferramentas de Intelixencia Artificial (IA) capaces de acelerar o desenvolvemento de fármacos