Sábado 20 Abril 2024

Ronsel de avión e halo solar

Créditos da imaxe e copyright: Alexandros Maragos
Créditos da imaxe e copyright: Alexandros Maragos

Explicacion: que está a acontecer no ceo? Varios feitos do ceo diurno están a interaccionar de xeito pouco común. Ao primeiro, ben por tras dos outeiros perfilados, hai un Sol que brilla de xeito normal. Por diante do Sol hai nubes finas, posiblemente fogar dunha capa de cristais de xeo hexagonais que, xuntos, están a crear o halo de 22 graos de luz ao redor do Sol. A liña dobrada de xeito estraño que cruza a imaxe é un ronsel de condensación, un tipo de nube creada polo paso dunha aeronave.

En realidade, gran parte do ronsel debe estar máis lonxe cá nube porque proxecta unha sombra sobre ela, dándolle unha cualidade tridimensional infrecuente á imaxe publicada. A fotografía superior foi tirada a finais de xaneiro na cidade de Patras en Grecia Occidental.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón