Venres 29 Marzo 2024

Rigel maila nebulosa Cabeza de Meiga

Créditos da imaxe e copyright: Mario Cogo (Galax Lux)
Créditos da imaxe e copyright: Mario Cogo (Galax Lux)

Explicación: esta faciana arrepiante, un perfil retorto que evoca o seu nome popular de nebulosa Cabeza de Meiga, brilla na escuridade pola luz estelar. De feito, este fascinante retrato telescópico dá a impresión de que a meiga olla de fite á estrela Rigel, unha brillante superxigante de Orión. Coñecida máis formalmente coma IC 2118, a Cabeza de Meiga abarca uns 50 anos luz e está composta de grans de po interestelar que reflicten a luz estelar de Rigel. A cor azul da nebulosa Cabeza de Meiga e do po que arrodea a Rigel está provocada non só pola intensa luz estelar azul de Rigel, tamén porque os grans de po difunden a luz azul de xeito máis eficiente có vermello. O mesmo proceso físico fai que o ceo terrestre pareza azul polo día, aínda que os difusores da atmosfera da Terra son moléculas de nitróxeno e osíxeno. Rigel, a nebulosa Cabeza de Meiga mailo gas e po que as arrodean atópanse a 800 anos luzde distancia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente