Xoves 25 Abril 2024

Rebeca Pena Ríos será a embaixadora galega no World Biotech Tour

Rebeca Pena Ríos, estudante do IES As Telleiras de Narón, será a representante da Domus na Coruña no Cumio Mundial do festival World Biotech Tour, que se celebrará en novembro na cidade de Tokio (Xapón). O xurado escolleu o proxecto Ver o ADN, para que serve?, destacando a paixón, a implicación e a capacidade didáctica desenvolvida por Rebeca para achegar a xenética a todos os públicos. Para o seu traballo, Rebeca contou coa colaboración do grupo de Medicina Xenómica da USC.

Ademais, o xurado do certame decidiu outorgarlle á estudante gañadora e ao resto de participantes no concurso unha bolsa de viaxe para presentar o seu proxecto na final do concurso Ciencia en Acción, que terá lugar en outubro en Ermua (País Vasco).

Publicidade

Os 13 embaixadores da Domus, no acto do sábado. Imaxe: MC2.
Os 13 embaixadores da Domus, no acto do sábado. Imaxe: MC2.

Aproveitando a celebración deste festival, a Domus organizou o sábado unha xornada de portas abertas, con numerosas actividades. O acto central foi a presentación ao público dos proxectos dos 13 ‘embaixadores’, procedentes do IES Agra do Orzán da Coruña, IES de Pastoriza (Arteixo), IES David Buján (Cambre), IES As Telleiras (Narón) e CPI dos Dices (Rois).

O World Biotech Tour tivo á Domus coruñesa como unha das súas sedes. As outras foron catro centros de ciencias de Varsovia, Finlandia, Río de Janeiro e Johannesburgo. Este certame, organizado pola Fundación Biogen, ten por obxectivo divulgar todo o relacionado coa biotecnoloxía, sobre todo entre os nenos e mozos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Aquarium Finisterrae reforma o sanatorio de focas: “Combinaremos todas as necesidades ambientais”

O museo coruñés remodela no seu 25 aniversario a área de curación dos animais mariños

Os Prismas convocan unha categoría sobre océanos polo 25 aniversario do Aquarium

Os traballos deben presentarse antes do 3 de xuño. Os galardóns están impulsados polo Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses

Como de accesible é a rúa na que vives? Compróbao neste mapa

A aplicación 'City Access Map' permite comprobar que servizos están a menos de 15 minutos camiñando nas cidades e areas metropolitanas de Vigo e A Coruña

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844