Venres 29 Marzo 2024

O catedrático da UDC Ramón Doallo recibe o Premio Nacional de Informática

A Universidade da Coruña recibiu esta semana en Madrid dous importantes recoñecementos ao traballo realizado no eido da informática. O catedrático Ramón Doallo Biempica recolleu o Premio Nacional de Informática, galardón que outorga a Sociedade Científica Informática de España e a Fundación BBVA.No mesmo acto tamén participou David Vilares Calvo, do Grupo de Investigación en Procesamento da Linguaxe Natural, Enxeñería Lingüística e Recuperación de Información (Lys), que foi premiado na categoría de Mozo Investigador.

No acto estiveron presentes o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e a vicerreitora de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria, Margarita Amor.

Publicidade

No acto participaron o reitor da UDC, Julio Abalde, e a vicerreitora Margarita Amor

Ramón Doallo, que pertence ao Grupo de Arquitectura de Computadores do Departamento de Enxeñería de Computadores, foi premiado na modalidade Aritmel, dirixida a aqueles investigadores, menores de 55 anos, que realizasen sobresalientes achegas científicas na área da Enxeñería Informática. No seu fallo, o xurado destacou ao investigador da UDC polas súas sobresalientes achegas á arquitectura e
tecnoloxía de computadores ao longo da súa traxectoria investigadora, así como pola súa intensa actividade de transferencia dos resultados ao sector empresarial e o seu recoñecido liderado científico.

No caso de David Vilares, o xurado premiou as “súas destacadas contribucións á investigación en técnicas e algoritmos para o procesamento da linguaxe natural, con especial énfase na súa aplicación á análise de sentimentos en redes sociais”.

Ramón Doallo e David Vilares (2º e 4º pola esquerda), durante o acto. Foto: UDC.
Ramón Doallo e David Vilares (2º e 4º pola esquerda), durante o acto. Foto: UDC.

Os Premios Nacionais de Informática, que se conceden con periodicidade anual, están convocados pola Sociedade Científica Informática de España e a Fundación BBVA e constitúen os premios máis prestixiosos a nivel estatal no ámbito da Enxeñería Informática. Estes premios están dirixidos a recoñecer o labor de investigadores, entidades públicas e privadas na área da Informática que dedicaron a súa carreira profesional e o seu esforzo ao estudo, fortalecemento e divulgación desta disciplina.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dez anos de xornalismo e divulgación

O reitor da UDC, Julio Abalde, salienta o papel de Gciencia como impulsor da divulgación científica en Galicia nos últimos 10 anos

Cando a música e a informática se alían: “Un músico poderá atopar partituras cantaruxando”

A investigadora da UDC Hilda Romero Velo crea unha aplicación web e móbil para solucionar algúns dos problemas aos que se enfrontan os músicos no día a día

PODCAST | A informática ao servizo da saúde cardiovascular. Con Víctor Mondelo

Charla co investigador do Laboratorio de Informática Aplicada, creador dun sistema informático de apoio á diagnose de electrocardiogramas que facilita o traballo do persoal sanitario na toma de decisións