Xoves 28 Marzo 2024

Máis dunha ducia de proxectos participaron en Santiago na feira de viticultura de precisión

VINIoT promove un servizo monotorización do viñedo baseado en rede de sensores intelixentes para a transformación dixital de PEMES

O proxecto europeo de innovación VINIoT colgou o cartel de cheo na súa feira dedicada á viticultura de precisión celebrada este xoves na sede de Feuga en Santiago de Compostela (Campus Vida). Na cita participaron varios países europeos e 15 proxectos, que trasladaron a súa actividade aos asistentes con sete casetas, dez pósters e nove flash talks.

VINIoT é un proxecto financiado polo programa Interreg SUDOE que está centrado nun servizo de viticultura de precisión baseado en rede de sensores intelixentes para a transformación dixital de PEMES. A principal innovación do servizo é a fusión das dúas principais tecnoloxías que se empregan na monitorización do viñedo: imaxes multiespectrais e sensorización do chan. Con esta feira o proxecto pecha a súa actividade tras tres anos de investigación.

Publicidade

Esta cita formaba parte do evento final e tras a presentación dos resultados obtidos celebráronse dúas mesas redondas centradas na sustentabilidade do servizo VINIoT, unha delas cun enfoque desde o sector vitivinícola, que contou con expertos rexionais do sector, e unha segunda centrada na visión desde o punto de vista da transferencia liderada polos European Dixital Innovation HUBS (EDIHs), en concreto DATAlife, DIH de Estremadura, SFCOLAB, INIAV e DIH Andalucía.

Todos os participantes gozaron de comida galega da man dunha pulpeira, que puxo o broche de ouro a unha xornada centrada no impulso ao networking no sector e a dar visibilidade ás novas tecnoloxías e técnicas para mellorar a calidade do viñedo e a uva dunha maneira sostible.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A nova ameaza das velutinas: o abandono dos pequenos viñedos

Investigadoras da UDC analizan por vez primeira o impacto desta especie invasora sobre a produción de uva

Solucións contra os pesticidas en viñedos e oliveirais a través da innovación

O proxecto europeo NOVATERRA organiza un evento de divulgación en Santiago de Compostela o próximo xoves 26 de outubro

Santiago acolle o evento final dun proxecto europeo de viticultura de precisión

A cita busca crear unha ampla rede de contactos para os profesionais do sector vitícola

Fertilizante a partir o bagazo: a nova aposta vinícola para reducir o impacto ambiental

A adega galega lanza un proxecto de viticultura rexenerativa co obxectivo de xerar un produto de "alta calidade" para aplicar aos viñedos