Xoves 28 Marzo 2024

A primavera arrinca cun potente anticiclón que disparará os termómetros ata os 27 graos

Este luns entra aire frío en altura e pola tarde choverá con carácter tormentoso no interior da comunidade

A semana na que comeza a primavera inaugúrase con inestabilidade atmosférica, pero non durará moito. De feito, nos vindeiros sete días non está prevista a influencia dalgunha borrasca profunda en Galicia e serán xornadas tranquilas no que respecta ao meteorolóxico. Este luns entra aire frío en altura e pola tarde esta situación desembocará en chuvascos tormentosos no interior. As temperaturas sofren un lixeiro descenso pero sitúanse arredor dos 20 graos en toda Galicia, Ourense rexistrará 23. Antes de que comece a primavera o vindeiro mércores 20, na comunidade xa empezou a primavera climatolóxica. O xoves agárdanse temperaturas arredor dos 27 graos en zonas de Pontevedra e Ourense.

O martes é un día de transición atmosférica, onde haberá nubes e claros pero os ceos cubriranse pola noite coa chegada dunha nova fronte. As chuvias, apunta MeteoGalicia, comezarán polo litoral atlántico e estenderanse ao resto da comunidade. As temperaturas descenderán pola noite coa chegada da fronte e os ventos do norte.

Publicidade

O mércores choverá pero de maneira feble pola mañá. Pola tarde abriranse grandes claros e as temperaturas ascenderán nas Rías Baixas. Vigo e Pontevedra poderán rexistrar 23 graos; Ourense 22; Santiago de Compostela 21; Lugo e Ferrol 20; e A Coruña 18.

O xoves as altas presións toman o relevo. Pontevedra poderá acadar 27 graos; Vigo e Ourense 26; Ferrol 25; Santiago de Compostela 24; Lugo 23; e A Coruña 21. A partir do venres agárdanse unhas temperaturas máis altas do normal para as mínimas para esta época do ano. “En xeral vemos un tempo anticiclónico pero o tempo está cambiante. Pode cambiar a predición”, explican dende MeteoGalicia. A probabilidade de chuvia é baixa, pero aumentará de cara ao domingo.

Semana Santa

Aínda é cedo para debuxar o panorama meteorolóxico de cara á Semana Santa, por iso MeteoGalicia se abstén á hora de realizar algún tipo de comentario sobre a predición. Segundo explican dende eltiempo.es, a Semana Santa virá marcada por un DANA que traerá chuvia e treboada. Neste senso, apuntan que a inestabilidade entrará polo norte de Galicia, pasando polo Cantábrito ata o norte de Cataluña e Baleares.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha DANA trae aire africano a Galicia e dificulta a predición para Semana Santa

Esta fin de semana agárdase tempo seco na comunidade pero a partir do luns aumentan as probabilidades de chuvia

A primavera comeza este mércores despois do cuarto inverno máis chuvioso do século XXI

Neste mes será posible observar con prismáticos o cometa 12P/Pons-Brooks, segundo o coordinador de investigación do Observatorio Astronómico da USC, José Ángel Docobo

Galicia vivirá unha primavera “máis cálida do normal”

Segundo a AEMET, as temperaturas invernais estiveron 1,8 graos por enriba da media habitual para esta época do ano

Unha masa de aire subtropical elevará os termómetros en Galicia ata os 21 graos. Canto vai durar?

A partir do xoves agárdase a entrada de novas borrascas atlánticas que deixarán precipitacións no oeste da comunidade