Venres 29 Marzo 2024

Unha praza en Fisterra para Stephen Hawking

Hai nove anos, o célebre científico Stephen Hawking, o máis coñecido estudoso da orixe do Universo e dos buracos negros, chegou á Fin do Mundo, en Fisterra. Veu a Galicia convidado polo catedrático de Electromagnetismo da USC Jorge Mira, que a través do Programa ConCiencia trouxo ao noso país a decenas de eminentes científicos. Na súa visita, Hawking foi recibido polas autoridades locais e visitou o Cabo Fisterra, onde quedou marabillado pola beleza do lugar. Dende o ano 2017, a explanada situada antes do camiño que conduce ao edificio do faro, un dos lugares máis visitados de Galicia, leva o seu nome: Praza Stephen Hawking.

Na inauguración oficial no mes de abril participaron, entre outros, o alcalde de Fisterra, José Marcote, a Cónsul Honoraria do Reino Unido en Galicia, María García de la Concha, e o propio Jorge Mira.

Publicidade

A primeira vez que o científico británico estivo en Galicia foi en setembro de 2008, cando recibiu o Premio Fonseca que outorga o Programa Conciencia e impartiu unha conferencia no Palacio de Congresos de Galicia, en Santiago.

Nos últimos anos, regresou en dúas ocasións. En outubro de 2014 estivo en Vigo como pasaxeiro do cruceiro “Oasis of the seas” e degustou ostras na Pedra. E xusto un ano despois, Stephen Hawking estivo no parador de Cambados tras chegar de novo a Vigo nun cruceiro. Visitou tamén o pazo de Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Entre Fisterra e Portosín: da fin do mundo ao comezo das Rías Baixas

Desde o cabo ata a vila na beira sur da ría de Muros e Noia, pasando polo espectacular macizo do Pindo ou a praia máis longa de Galicia en Carnota

Lembrando a Stephen Hawking cun sistema para persoas con mobilidade extremadamente reducida

Alumnos de Enxeñaría de Telecomunicacións on seleccionados para participar nunha competición internacional de Intelixencia Artificial cun innovador proxecto

A Costa da Morte desde o aire no novo vídeo da Deputación da Coruña

A institución provincial continúa percorrendo o litoral, de case 1000 km de entrantes e saíntes, neste caso nunha zona célebre polos seus naufraxios

QUIZ: Canto sabes dos faros de Galicia?

Un Trivia de dez preguntas sobre os faros da costa galega