Xoves 18 Abril 2024

Unha imaxe que nunca viras: o polo norte do Sol

A imaxe que se ve sobre estas liñas é algo nunca visto ata agora. Grazas á astronomía e á exploración espacial coñecemos xa moitas fotografías do Sol, pero ata o de agora era case imposible captar os seus polos. Ata que, hai uns días, a Axencia Espacial Europea deu a coñecer as imaxes tomadas polo satélite Proba-2, nas que se pode ver o polo norte do Sol.

A maioría dos astros do Sistema Solar orbitan, máis ou menos, no mesmo plano, preto do ecuador do Sol, con poucas variacións (o coñecido como plano eclíptico). Esta é a razón, entre outras, polas cales os foguetes adoitan lanzarse desde preto do ecuador, xa que así é máis sinxelo e require menos esforzo acadar un maior impulso cara ao exterior.

Publicidade

Por este mesmo motivo, é moi difícil desde os satélites albiscar os polos do Sol. Nos anos 90, a sonda Ulysses remitiu datos moi relevantes ao respecto, despois de facer unha gran viaxe, impulsándose grazas á influencia de Xúpiter. Pero Ulysses non levaba cámaras.

Reconstrución do polo norte

O que conseguiu Proba-2 non é unha fotografía real, pero si se pode parecer moito ao que sería a imaxe auténtica do polo norte do Sol. “Os polos non poden ser vistos directamente, pero a nave tomou datos da atmosfera solar e de todo o que podía ver arredor dela”, explicou a Axencia Espacial Europea.

Así, capa a capa, mentres o Sol ía rotando, Proba-2 recolleu todos os elementos precisos para combinalos e facer a reconstrución do polo norte solar. A imaxe reúne as observacións da cámara para reconstruír o posible aspecto que tería.

A liña que divide a imaxe en catro partes débese aos cambios que aconteceron na atmosfera solar mentres se tomaban os datos que serviron para compoñer a imaxe. Vese tamén como, na parte superior dereita, hai un zona brillante máis ancha, debido a un furado coronal en latitudes baixas que xira arredor do disco solar. A zona do polo norte, a máis escura da imaxe, é “unha fonte de vento solar rápido”, explica a ESA.

No 2020, a ESA ten previsto lanzar a Solar Orbiter, unha misión coa que se poderá estudar con moito maior detalle as latitudes altas do Sol. Achegará tamén información valiosa sobre o campo magnético solar e as emisións de partículas que poden chegar a afectar á Terra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como medir as estrelas para revelar os misterios da Vía Láctea

Os investigadores do CITIC Xabier Pérez e Lara Pallas participan na misión Gaia, que pretende crear o maior mapa 3D da nosa galaxia

Unha paisaxe invernal en Marte? Esta imaxe demostra que non todo é o que parece

A misión espacial Mars Express ofrece unha espectacular fotografía do cráter Korolev para conmemorar os quince anos en órbita no planeta vermello

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Estas son as primeiras imaxes do telescopio Euclid, as máis nítidas do universo

A misión da Axencia Espacial Europea ofrece fotos a toda cor de diversas galaxias, nun proxecto no que participa o CITIC con algoritmos de intelixencia artificial