Venres 29 Marzo 2024

A USC participará en 14 proxectos dos programas Poctep e Espazo Atlántico

Catorce proxectos nos que participan diferentes grupos de investigación da USC recibirán máis de 4,5 millóns de euros do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da UE (Feder), logo dun rigoroso proceso de selección no que se aprobaron un total de 177 candidaturas. As axudas proceden do Programa de Cooperación Territorial Interreg V-A España-Portugal (Poctep) e do Programa Interreg V-B Espazo Atlántico. Estas iniciativas súmanse ás xa anunciadas pola Universidade de Vigo dentro do mesmo programa Poctep.

Este programa, focalizado no desenvolvemento integrado da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, contará con nove propostas con presenza da USC. Dúas delas son promovidas directamente pola institución compostelá: Nutriage, centrada no envellecemento saudable a través da nutrición, e Geoarpad, enfocado na aplicación de tecnoloxías dixitais ao patrimonio colectivo cultural. Os outros proxectos seleccionados por este programa son NANOeaters (de transferencia de nanotecnoloxía á PEME innovadora), Códigomáis (innovación en saúde), Migra-Miño-Minho (conservación de peixes migradores), Res2ValHum (valorización de residuos orgánicos), Iberos (Instituto de Bioenxeñaría para o Envellecemento Saudable), CVMar+i (innovación industrial en biotecnoloxía mariña), Laces (creación de emprego e empresas de economía social) e Clúster Bio Transfronteirizo, este último participado pola Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC (AVTE).

Publicidade

A USC coordinará dous proxectos sobre envellecemento saudable e patrimonio cultural

Pola súa banda, os cinco proxectos aprobados polo programa Espazo Atlántico son Alertox-Net (liderado por un grupo de investigación da Facultade de Veterinaria), MyCOAST, CleanAtlantic, CEPHS, SFs & CHEFS e COCKLES. Os consorcios formados arredor destas candidaturas abordarán diversos desafíos en ámbitos como os sistemas de alerta de toxicidade en produtos mariños, oceanografía operacional, seguimento do lixo mariño, sustentabilidade das pesquerías de cefalópodos e restauración da cría de berberecho nas rexións atlánticas.

Nestas iniciativas están representadas entidades de distinta natureza e sector de actividade, dende administracións ata empresas, nun entorno de cooperación tanto a nivel económico como social entre as diferentes rexións de Galicia e do norte de Portugal, no caso de Poctep, así como tamén de Irlanda do Norte e dalgunhas áreas de Inglaterra e Francia, no caso de Espazo Atlántico. Catorce proxectos nos que participan diferentes grupos de investigación da USC recibirán máis de 4,5 millóns de euros do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da UE (Feder), logo dun rigoroso proceso de selección no que se aprobaron un total de 177 candidaturas. As axudas proceden do Programa de Cooperación Territorial Interreg V-A España-Portugal (Poctep) e do Programa Interreg V-B Espazo Atlántico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cunchas de moluscos, as grandes aliadas do sector da bioconstrución

A empresa Extraco promove o emprego de materiais de orixe biolóxica para a fabricación de morteiros ou formigóns

Un científico galego descobre os poderes do veleno de avespa contra as superbacterias 

César de la Fuente: “O logro abre novas portas para deseñar novos antibióticos inspirándonos nos velenos do mundo natural"

Unhas xornadas afondan en como creatividade e innovación xeran un futuro máis sostible

Celebraranse este mércores 24 na Casa das Campás, en Pontevedra, ao abeiro do programa "Ciencia de ida e volta" impulsado pola UVigo

Deseñando o vehículo do futuro 

A incubadora de automoción de Zona Franca busca iniciativas que lanzar ao mercado, tras impulsar en e dous anos 14 empresas e 8 prototipos