Venres 29 Marzo 2024

Outra rolda de Pint of Science en Galicia

Galicia sumará unha nova rolda de Pint of Science neste 2017. Ás citas da Nave de Vidán, en Santiago de Compostela, e a da Cervezoteca Malte, na Coruña, sumarase a partir deste luns unha nova sede na cidade herculina, no local La Consentida. Así, serán tres os locais que albergan en Galicia esta iniciativa de divulgación científicas os días 15, 16 e 17 de maio.

Despois do éxito de 2016, os organizadores do evento, que este ano duplica en España o número de cidades participantes (43), volveron programar tres atractivas xornadas de charlas. Participarán recoñecidos investigadores e divulgadores galegos. Pódese consultar máis información na web dos eventos de Pint of Science na Coruña e en Santiago de Compostela.

Publicidade

Aquí, a programación completa:

Luns 15 de maio

Santiago de Compostela (A Nave de Vidán). 20.30 horas.

María José Martínez Patiño: “Dos test xenéticos aos niveis hormonais: o deporte feminino sempre en revisión?

Antonio Salas: “Isto pinta a que todos somos ‘primos’”.

David Posada: “Darwin e Cáncer”.

Monólogo de Álvaro Morales, ganador de Famelab 2015

A Coruña (Cervezoteca Malte). 19.00 horas.

Ana D. Tarrío: “Cuádricas? Están en todas partes”

Carlos López: “Alixerando o voo”

A Coruña (La Consentida). 19.00 horas.

María Mayán: “Conectados por conexinas”.

Joana Magalhaes: “A fábrica do corpo humano”

Martes 16 de maio

Santiago de Compostela (A Nave de Vidán). 20.30 horas.

Javier Cudeiro: “Cando a máquina falla. Como mellorar o cerebro sen abrilo”.

Iria Veiga: “A verdade está… aquí dentro. Alucinacións, ilusións e outros erros perceptivos”.

Javier Costas: “Mentes marabillosas. Xenética e trastornos mentais”.

Monólogo de Alba Aguión, ganador de Famelab 2016.

A Coruña (Cervezoteca Malte). 19.00 horas.

Marco Antonio Álvarez: “Gaia… O mellor espía da Vía Láctea”.

Fátima García Doval: “Coidado a quen chamas discapacitado: a ciencia e o deseño para todos”.

A Coruña (La Consentida). 19.00 horas.

María Martínez: “RFID para non perdernos nada”.

Javier Pedreira, “Wicho”: “A informática tamén é cousa de mulleres”.

Mércores 17 de maio

Santiago de Compostela (A Nave de Vidán). 20.30 horas.

José Luis Mascareñas: “Catálise e vida”.

Javier Mas Solé: “Á sombra dun buraco negro”.

Víctor Pardo: “A primeira revolución cuántica. Do gato de Schrödinger a Silicon Valley”.

A Coruña (Cervezoteca Malte). 19.00 horas.

Xavier Fonseca: “Non digas clima cando queres dicir tempo”.

Marcos Pérez Maldonado: “Luces brillantes, mala cidade”.

A Coruña (La Consentida).  19.00 horas.

Antón Vizcaíno: “Ciencia e homeopatía. A como vai o quilo de azucre?”.

Deborah García Bello: “Aceite de palma, aditivos… Sabes o que comes?”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un traballo da UDC sobre investigación básica en epilepsia gaña o Epiforward 2024

O equipo conseguiu reducir a actividade cerebral grazas á aplicación de campos magnéticos en áreas concretas do cerebro

Científicos galegos participan no primeiro mapa español de bacterias resistentes aos antibióticos

A base de datos en liña proporciona o perfil xenómico de 461 cepas, procedentes de 41 hospitais situados en 13 rexións de España

Cinco libros para agasallar ciencia este Nadal

Unha listaxe con opcións para adultos e nenos que mostra o mundo científico e a súa historia en lingua galega

A eternidade por fin comeza un luns

Artigo gañador da VI edición do IGFAE C3, o concurso de comunicación científica do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías