Venres 29 Marzo 2024

A píllara das dunas é a Ave do Ano 2019

A entidade SEO/BirdLife escolleu á 'Charadrius alexandrinus', que se atopa nunha situación vulnerable en Galicia, despois dunha votación popular

A Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO/BirdLife) anunciou este mércores que a ave do ano 2019 vai ser a Charadrius alexandrinus, coñecida en Galicia como píllara das dunas, e que se atopa no país nunha situación de especial vulnerabilidade. 

Foi despois dunha votación popular impulsada pola entidade, que destaca que a píllara é a primeira limícola (que habita en zonas de lodo ou lama) escollida como Ave do Ano. É precisamente o seu hábitat e zona de cría, na zona intermareal das praias, o que dificulta a súa conservación.

Publicidade

A píllara das dunas ten en Galicia o seu último reduto no norte da península Ibérica, xa que desapareceu no resto de zonas do litoral septentrional, e só se ve xa na costa portuguesa e mediterránea da Península. Estímase que na actualidade quedan pouco máis dun cento de parellas ao longo do litoral galego.

A bióloga María Vidal, que leva máis de 20 anos percorrendo as praias para estudar a píllara das dunas, explicaba o ano pasado nunha reportaxe o seu ciclo vital: “Aniñan ao longo de toda a praia, desde a liña da marea ata a parte máis afastada do mar, e adoitan vincular os niños a algún resto de madeira, cunchas ou prantas para poder camuflarse”. Por isto, segundo advirte a bióloga, cómpre ter coidado coas limpezas exhaustivas nas praias, xa que no medio dos restos pódese agochar algún niño de píllara.

Así, nos últimos dous anos téñense denunciado algúns incidentes cos lugares habilitados nos areais para facilitar a cría da píllara, como aconteceu en Ribeira ou Carballo. Neste senso, SEO/BirdLife aproveita o recoñecemento a esta ave para destacar os perigos que poderían danar a súa conservación, como as construccións e o turismo masivo e descontrolado no litoral, a limpeza mecánica das praias, a presenza de mascotas nas zonas de cría ou a sobreexplotación de acuíferos.

 

1 comentario

  1. Agardo que a poboación se recupere e que María Vidal publique os datos do plan de recuperación, sobre todo para coñecer o impacto da prohibicion de deportes como o kiresurf nalgunhas praias. Deportes totalmente ecoloxicos e que se practican na auga, e que segundo alguns molestan máis aos paxariños que os bañistas nas dunas ou os tractores en lagoas como a de Baldaio.
    Que mellor que o metodo científico para probar isto, e de paso ser referencia para biologos doutros parques como Doñana, que ainda non prohibiron nada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A agricultura intensiva é a causa principal do descenso de paxaros en Europa

Investigadores do CSIC participan nun estudo que revela que as poboacións de aves caeron de media un 25% nos últimos 40 anos

Dez preguntas sobre a ameaza da gripe aviaria en humanos

Ata a data non foi detectada ningunha transmisión de persoa a persoa e os expertos consideran que o contaxio é "difícil"

Os ecoloxistas alertan da “desaparición inminente” da tartaraña cincenta en Galicia

Adega pon o foco na eucaliptización, os parques eólicos e os pesticidas como ameaza principal á Ave do Ano 2023

Primeiro caso de gripe aviaria en humanos en España: cales son os riscos?

O investigador da USC Gonzalo Fernández asegura que os "poucos contaxios" notificados ata o momento foron leves ou asintomáticos