Xoves 25 Abril 2024

Por que o picudo vermello está matando ás palmeiras?

En xaneiro de 2013 chegou a Galicia o inimigo máis íntimo para as palmeiras. O picudo vermello (Rhynchophorus ferrugineus), un insecto orixinario do Sueste Asiático, apareceu en Gondomar despois de estenderse desde Asia á península Arábiga e Oriente Medio ata chegar ao sur de Europa durante os últimos tres decenios. É un auténtico depredador destas plantas, xa que non as deixa en paz ata que as mata.

Aínda que non é unha especie propia do país, a palmeira en Galicia está unida a un fenómeno imprescindible para entender a nosa historia como é a emigración. A palmeira era a planta que os indianos sementaban nas ostentosas vivendas que erixían nas súas aldeas de orixe, así como nas alamedas construídas cos cartos dalgún destes filántropos. Era, en definitiva, a lembranza daqueles tempos, tan duros para todos e tan enriquecedores para uns poucos.

Publicidade

Este insecto, semellante a unha vacaloura do cor do óxido ferroso, é fatal para as palmeiras. Os machos chegan ás palmeiras e liberan feromonas, unhas substancias químicas que atraen ás femias ata o lugar. Así, prodúcese o apareamento, e nacen as larvas. Estas comezan a chuchar o interior das plantas, sucan galerías, constrúen o seu propio casulo coas fibras da propia árbore e poñen novos ovos.

Os síntomas da praga pronto se fan visibles no exterior. As follas novas comezan a debilitarse e collen un ton amarelo. A copa da árbore perde vigor. En infeccións avanzadas, o penacho despréndese completamente, quedando só o tronco en pé.

En só tres anos, detectáronse positivos en máis de vinte concellos da provincia de Pontevedra, e a praga non parece deterse. Ao norte, xa está á altura de Vilagarcía de Arousa, e provocou a morte de decenas de exemplares. E en concellos coma Tui, estímase que o 90 por cento destas plantas están afectadas.

logo_MEIC_FECYT_Web

3 COMENTÁRIOS

  1. A minha palmeira tem essa doença mas eu deitei veneno para pragas e matou os insectos todos e larvas…mas difícilmente se recompora!

  2. Dende o meu punto de vista, o problema acaba de comenzar e lamentablemente non se están adoptando as medidas oportunas, nin por parte das administracións, nin por parte dos particulares. É sabido que os tratamentos preventivos son moi caros, e que a administración non se pode facer cargo de todo, pero quizais os concellos, por ser os entes administrativos máis próximos a esta realidade, deberían de estar atentos e facilitar a inmediata retirada e destrucción dos exemplares afectados. A súa presencia moribunda é garantía dunha maior propagación da praga.
    Ou se adoptan medidas colectivas axiña ou pronto veremos derribadas as palmeiras centenarias das nosas alamedas e xardíns públicos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Detectado o virus de Crimea-Congo en carrachas do Bierzo: “Probablemente xa estea en Galicia”

Os expertos advirten que a enfermidade hemorráxica parece estar propagándose polo noroeste peninsular e urxen medidas para freala

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

Os Prismas convocan unha categoría sobre océanos polo 25 aniversario do Aquarium

Os traballos deben presentarse antes do 3 de xuño. Os galardóns están impulsados polo Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses

Volven as Líridas: como ver esta chuvia de estrelas dende Galicia

O fenómeno astronómico, que se poderá ver ata o xoves 25 de abril, será pouco visible a causa da lúa chea