Sábado 20 Abril 2024

Pharmamar crea un kit que diagnostica o coronavirus en 5 horas

A compañía multinacional de orixe galega traballou sen descanso nas últimas semanas sobre a secuencia xenética do Covid-19

Genómica, división da compañía Pharmamar especializada en técnicas de análise molecular, desenvolveu un kit que diagnostica o Covid-19, o coronavirus de Wuhan, nun tempo de só cinco horas. Genómica traballou nas últimas catro semanas coa secuencia xenética do virus, que publicaron os científicos chineses, e as probas de validación efectuaranse cos clons que está a crear o Laboratorio de Coronavirus do Centro Nacional de Biotecnoloxía (CSIC), entre outros centros españois.

PharmaMar ofreceuse ao Goberno chinés, por medio da oficina comercial que ten no país, para colaborar na identificación dos casos a través da súa tecnoloxía. Precisamente, a multinacional con orixe en Galicia abriu no ano 2018 unha sede na cidade de Wuhan, o epicentro da enfermidade infecciosa e onde xurdiu o primeiro contaxio nun mercado de animais. Outros países tamén se puxeron en contacto coa filial de Pharmamar para interesarse pola ferramenta de diagnose molecular da nova enfermidade infecciosa.

Publicidade

Genómica xa ten no mercado un kit que identifica a outras tres cepas diferentes de coronavirus e dispón dunha das ferramentas máis avanzadas na diagnose de virus a través de mostras de ADN. Ata a data estes kits foron utilizados, sobre todo, para identificar todas as cepas do virus do papiloma humano.

Representación do coronavirus de Wuhan. Fonte:Center for Disease Control and Prevention.
Representación do coronavirus de Wuhan. Fonte:Center for Disease Control and Prevention.

Cunha experiencia na detección de patógenos respiratorios, a compañía comercializa actualmente un kit de diagnóstico para a detección de 20 virus diferentes asociados a enfermidades respiratorias, entre os que se atopan os tres coronavirus máis frecuentemente detectados en humanos.

Desde que goberno chinés e a Organización Mundial da Saúde publicasen a secuencia do coronavirus os investigadores de Pharmamar traballaron sen descanso nun deseño que o detecta case ao 100%.

Para a directora de I+D de Xenómica PharmaMar, Maria Luisa Villahermosa, o máis importante é que o deseño deste test detecta o coronavirus de maneira precisa sen confundilo con outros tipos de coronavirus ou virus respiratorios con síntomas similares.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que algúns pacientes teñen covid persistente e outros non? Este estudo dá na clave

Un equipo do Hospital Universitario de Zúrich busca mellorar a atención aos doentes con novas estratexias de tratamento

Ascenden a 57 os falecidos por gripe en Galicia

O último informe do Sergas confirma a tendencia á baixa da incidencia nas catro provincias

Por que aumentan as infeccións respiratorias agudas en España?

Estamos xusto no momento do incremento da curva da gripe que este ano coincidiu co Nadal e o aumento dos contactos sociais

Tes gripe ou covid? Estas son as diferenzas

A inmunóloga África González admite que teñen síntomas moi similares pero que se distinguen polo tempo de incubación e a estacionalidade