Sábado 20 Abril 2024

‘Percebeiro Shield’, o traxe de seguridade con tecnoloxía Nissan

A seguridade dos percebeiros da un paso adiante con ‘Percebeiro Shield‘ (O escudo do percebeiro), un novo traxe equipado con dispositivos que alertan ao mariscador nas rochas da inminencia dunha onda perigosa e facilita o seu rescate en caso de caer ao mar. O proxecto inspírase no denominado Escudo de Protección Intelixente (“Nissan Safety Shield”). Baixo ese nome figura un proxecto desenvolvido desde TBWA/España, que liderou esta campaña en colaboración co socio tecnolóxico Gassworks, o CSIC e a contribución da Confraría de Pescadores de Cangas do Morrazo. O obxectivo era atopar unha aplicación práctica da tecnoloxía Nissan Shield ás características propias dos percebeiros galegos.

Imaxe do vídeo de Percebeiro Shield.
Imaxe do vídeo de Percebeiro Shield.

‘Percebeiro Shield’ é un sistema integral de dispositivos incorporados no traxe de neopreno destes profesionais, fundamental no seu traballo, que lles alerta en tempo real do comportamento do mar e das ondas mediante distintos sensores. Esta tecnoloxía permítelles así anticiparse ao perigo. Percebeiro Shield é un sistema hardware e de software capaz de escanear o mar mediante un sistema LIDAR de infravermellos, analizando a escuma que producen as ondas e utilizando estes datos para calcular mediante algoritmo cando veñen ondas perigosas, avisando ao percebeiro.

Publicidade

Os tres dispositivos dos que consta o sistema son: un módulo led que visualmente indica o tipo de ondada que chega ás súas costas; un módulo de audio waterproof que emite frecuencias de sons con diferentes alertas e un terceiro módulo de vibración incorporado na zona lumbar, que lles avisa ante o risco inminente.

Conta ademais cun sistema que avisa a emerxencias no caso de que o percebeiro caia ao mar para que se poida iniciar o rescate de inmediato.O dispositivo conta con tres tipos de alertas: alerta básica, que avisa cando van romper as ondas para que se preparen con tempo. Alerta vermella, cando vén unha onda moi forte e perigosa e alerta de cancelar, que avisa cando é perigoso faenar, actívase cando as condicións do mar son realmente perigosas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da Academia

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

▪️ Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204