Sábado 20 Abril 2024

USC e Deputación de Lugo descontan o 50% da matrícula en 10 titulacións do Campus Terra

Os novos estudantes de primeiro curso en 10 titulacións do Campus Terra terán un desconto do 50 por cento no custo da matrícula. Así o anunciaron o vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno, o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, e o concelleiro de Educación do Concello de Lugo, Manuel Núñez, na presentación da campaña “Para estudar, Lugo”, que pretende potenciar á cidade das murallas coma centro universitario.

As 10 titulacións son estas: Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais, Enxeñaría Civil, Enxeñaría en Xeomática e Topografía, Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria, Enxeñaría Forestal e do Medio Natural, Lingua e Literatura Españolas, Ciencias da Cultura e Difusión Cultural, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Xestión de Pequenas e Medianas Empresas, Administración e Dirección de Empresas. A Deputación de Lugo destina unha partida de 300.000 euros a financiar a metade do custe das novas matrículas en primeiro curso de cada unha destas titulacións.

Publicidade

O prazo de preinscrición está aberto ata o 30 de xuño

A posta en marcha desta campaña incluída no plan de impulso do campus de Lugo promovido pola Deputación Provincial en colaboración coa USC pretende dar continuidade ao éxito das anteriores convocatorias. De feito, as accións promovidas ao abeiro deste plan desde 2013 permitiron incrementar a taxa de ocupación da totalidade de prazas que ofrece a USC no seu Campus Terra. A media do incremento da matrícula sitúase no 9% no caso das 10 titulacións de grao que son beneficiarias destas axudas, aínda que hai casos nos que o repunte de alumnado foi moito maior, como é o caso do grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industrais, que pasou de 18 a 47 alumnos, ou o grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria, cuxo nivel de matrícula avanzou de 30 a 45 novas inscricións no primeiro curso.

Ao inicio do curso 2013-2014, a taxa de ocupación de prazas no Campus de Lugo era do 62,9%. Tras as campañas de promoción de Lugo como cidade universitaria, que se levaron a cabo nos cursos 2014-2015 e 2015-2016 e 2016-2017, esta sitúase hoxe no 71%. Son case 10 puntos máis.

O prazo de preinscrición de matrícula xa está aberto e permanecerá ata o 30 de xuño. A partir do 12 de xullo os novos estudantes de primeiro curso poden solicitar a súa bolsa a través do formulario de matrícula na web da USC. Toda a información ao respecto desta campaña está accesible a través da web www.paraestudarlugo.com.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Gciencia celebra o Día da Lingua Materna cun relatorio sobre a divulgación en galego

A xornalista Laura Filloy abordou a importancia de trasladar o coñecemento científico á sociedade nun acto celebrado no Campus de Lugo da USC

Atopado o talón de Aquiles da rata toupa, a praga que azouta a montaña luguesa

O estudo do órgano vomeronasal deste mamífero subterráneo avala o uso de químicos para diminuír a súa poboación e frear o seu impacto na agricultura

Os cubículos e corredores reducidos nas granxas de Lugo afectan a produción de leite

A tese de Sonia Verdes Gil conclúe que as superficies incómodas prexudican a saúde e a hixiene das vacas

A USC investiga novos produtos naturais para loitar contra a avespiña do castiñeiro

Un equipo de Lugo traballa no proxecto 'Go Delicias' co obxectivo de identificar e desenvolver as defensas da árbore fronte ao insecto