A implantación do libro de texto electrónico é xa unha realidade en máis de 150 centros do país. O proxecto Abalar, desenvolvido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), aposta pola progresiva implantación da educación dixital e para os próximos dous anos está prevista a adquisición de ata 22.000 equipos portátiles para empregar nas escolas. Algunhas xa levan tempo co proxecto E-Dixgal para implantar o libro electrónico, entre elas se atopa o colexio público da Ramallosa en Teo, preto de Santiago.