Venres 19 Abril 2024

Ouro negro en Penouta: así é a excepcional mina de coltán frustrada pola xustiza

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirma a paralización da explotación de Viana do Bolo, primeira e única de Europa dun material esencial para a industria tecnolóxica

Nos montes de Penouta, en Viana do Bolo, a 1.300 metros de altitude na provincia de Ourense, obtense o cobizado coltán, bautizado como ‘ouro negro’. Dende 2018 a empresa canadense Strategic Minerals extraía de alí un composto absolutamente crucial para a industria tecnolóxica. Coltán é o nome que coloquialmente recibe a mestura en proporción variable de columbita e tantalita, rochas que conteñen niobio e tántalo. Ten propiedades que lle permiten conducir a electricidade e presenta unha alta resistencia á corrosión química, o que o converte nun recurso moi prezado en moitos sectores TIC, como a microelectrónica, as telecomunicacións e a industria aeroespacial e biomédica. O proxecto é tan atractivo no económico e tecnolóxico como débil no xudicial: o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de confirmar a súa paralización cautelar.

A empresa non poderá continuar coas explotacións, xa que o TSXG desestima todos os seus recursos para seguir adiante coa explotación. O ano pasado otorgóuselles unha autorización pola Xunta que foi impugnada por Ecoloxistas en Acción, que sostiña que a tramitación do proxecto omitiu a preceptiva avaliación dos impactos sobre a Rede Natura 2000. A resolución xudicial devolve á actualidade unha mina singular, xa que é a primeira e única de Europa dun material hoxe en día máis prezado que o ouro ou a prata.

Publicidade

Interese do CSIC

A alta demanda deste composto e as grandes polémicas arredor da súa obtención na República Democrática do Congo poñen de manifesto a necesidade de encontrar alternativas que permitan obter estes minerais en zonas libres de conflitos. Neste sentido, unha mina nun país europeo tiña un gran interese. O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) uniuse ao chamado proxecto ESTANNIO, en colaboración coas empresas Strategic Mineral e KROWN, co obxectivo de deseñar procesos para aproveitar os residuos mineiros de Penouta.

Fragmento de coltán (niobio e tántalo), visto no Laboratorio de Microsccopía. Foto: CENIM.

Para a empresa Strategic Mineral o valor destacado da mina de Viana do Bolo residía en tres razóns. A primeira é, sen dúbida, a importancia do tantalio e o niobio e a súa alta demanda na industria tecnolóxica. Por outra banda, o feito de que a extracción nunha mina en Europa tería o selo ‘libre de conflito’, distanciándose das explotacións congoleñas; e, por último, a labor na mina seguiría un esquema de economía circular, potenciando o emprego no municipio de Viana e das comarcas lindeiras.

Penouta destaca tamén por outra característica: o mineral non se arrinca da roca nai, senón de dúas balsas e unha pequena cordilleira de entullos mineiros. Por outra banda, fixóse unha explotación do xacemento ao descuberto, de onde se extrae estaño, tántalo e niobio, e adicionalmente cuarzo, feldespato e mica. Para a explotación comercial necesítanse obter sales comerciais de niobio e tántalo. Para iso é preciso separar o estaño e despois aplicar unha serie de procesos químicos a través de distintas etapas de lixiviación e extracción con disolventes orgánicos. Segundo as declaracións do CSIC, isto permitiu obter “lingotes de estaño cunha pureza do 95% e as primeiras de sales de niobio e tántalo cunha calidade comercial de ata un 97% e un 99%, respectivamente”

Unha mina con historia

A mina ten unha longa historia de explotación de diferentes minerais. Entre 1965 e 1971 extrause granito e despois, até 1985, unha sociedade liderada por Altos Hornos de Vizcaya converteuna na principal mina de estaño do país. Foino ata que os baixos prezos dos minerais levaron ao peche. Iso fixo que nela quedasen grandes volumes de rochas e gravas sen aproveitar. En 2013 decidiuse reactivar a actividade, nun contexto de revalorización do coltán polo seu interese na industria tecnolóxica. A nova explotación revalorizaría todo o residuo mineiro xa que tamén se pode extraer cuarzo, feldespato potásico e sódico e mica branca e caolitina, refugándose só o 15% do material mineiro.

Pero para que unha mina funcione non debe ser só rendible, senón cumprir a lei. O Tribunal de Xustiza decidiu ao respecto. A súa decisión, en octubro pasado, foi a de paralizar a explotación polos impactos sobre a rede Natura 2000, concretamente a Zona de Especial Conservación de Pena Trevinca, unha determinación agora confirmada.

O TSXG corrobora que a Xunta omitiu a avaliación dos impactos durante a tramitación da autorización, a pesar das advertencias feitas nas alegacións presentadas durante o trámite. Tamén se alegan diferentes riscos para as poboacións que obteñen subministros dos cauces próximos á mina que presentan niveis elevados de arsénico, mercurio, chumbo e cadmio. O fallo xudicial chega despois de varios meses de conflito que enfrontou á asociación ecoloxista e aos traballadores e veciños da zona. Agora, levan as súas protestas ante o TSXG, ao que lle piden reverter o auto que suspende a autorización dada pola Xunta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Novas analíticas revelan altos niveis de arsénico en Viana do Bolo atribuídos á mina da Penouta

Ecoloxistas en Acción recolleu mostras de auga da traída municipal e os resultados revelaron que as concentracións superan o máximo permitido para o consumo humano

Unha sentenza do Supremo anula o finiquito para os investigadores predoutorais

Representantes do colectivo anuncian mobilizacións para esixir a modificación da Lei de Ciencia que permita a indemnización por fin de contrato

A Xustiza ordena aos herdeiros de Franco a devolución do Pazo de Meirás

A investigación histórica foi clave na sentenza, ao corroborar a doazón ao autoproclamado "xefe do Estado" e a simulación da compravenda

Participación cidadá para conservar o patrimonio natural nas Rías Baixas

Unha investigación da USC impulsa un Código sobre Boas Prácticas empresariais en espazos da Rede Natura 2000