Venres 19 Abril 2024

Ordes, Melide e Monforte ficarán en nivel máximo de restricións

Máis dunha vintena de concellos quedarán no nivel alto debido a que aínda se mantén neles unha importante transmisión do coronavirus nas últimas semanas

A Consellería de Sanidade informou neste serán, ao concluír a reunión do comité clínico que asesora á Xunta de Galicia no seguimento da pandemia da Covid-19, que os concellos de Ordes, Melide e Monforte de Lemos, estarán a partir da medianoite do venres ao sábado no nivel máximo de restricións, que conleva o peche do interior dos locais de hostalaría e limitacións de capacidade nos exteriores. Deste xeito, Melide, con 114 positivos detectados nas últimas dúas semanas e 73 a sete días, súmase aos dous concellos que xa están desde a pasada semana no limiar de maior alerta, ao sumar máis de 200 casos, cunha incidencia acumulada por riba de 500/100.000 habitantes, nas últimas dúas semanas.

Do mesmo xeito, o comité clínico acordou que rexerá o nivel alto de restricións para os concellos de Agolada, Arzúa, Lalín, O Pino, Trazo, Curtis, Cee, Cerceda, Muxía, Antas de Ulla,  Monterroso, Palas de Rei, Vilalba, A Pastoriza, Castro de Rei, Meira, O Saviñao, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, Ares e A Cañiza.

Publicidade

As medidas do nivel medio estableceranse nos municipios da Coruña, Arteixo, Cabana de Bergantiños, Carballo, Corcubión, Malpica de Bergantiños, Oleiros, Oza-Cesuras, Ponteceso, Zas, Aranga, Betanzos, Camariñas, Fisterra, Santa Comba, Silleda, Boimorto, Frades, Muros, Noia, Santiso, Tordoia, Ferrol, Chantada, Lugo, Outeiro de Rei, Baralla, Cospeito, Taboada, A Rúa, Ourense, O Barco de Valdeorras, Verín, Bueu, Poio, Sanxenxo, Gondomar, Pazos de Borbén, Ponteareas, Redondela e Nigrán. Deste xeito, as cidades de Vigo, Santiago e Pontevedra pasan ao nivel medio-baixo, xunto ao resto de concellos galegos.

Segundo os datos achegados este martes polo Ministerio de Sanidad, a IA a 14 días en Galicia é de 259,04 casos/100.000 habitantes a 14 días, e baixa a 105,98 na última semana. Os casos concéntranse sobre todo no grupo de poboación de 12 a 29 anos, cunha IA por riba de 600. Desde o comezo da pandemia faleceron en Galicia 2.566 persoas por mor da Covid-19. Segundo detallou o Sergas, con datos pechados na tarde do luns, hai 169 persoas ingresadas polo coronavirus e outras 55 estás nas UCIs dos hospitais galegos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da RAG

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

▪️ Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204