Sábado 20 Abril 2024

Óptica para obter chans ultraplanos

O Laboratorio de Óptica da Universidade de Vigo colaborará coa empresa Prosistemas, especializada en chans e pavimentos industriais, comerciais, deportivos e decorativos, no desenvolvemento de diferentes iniciativas relacionadas coa aplicabilidade da tecnoloxía fotónica a solos ultraplanos. O catedrático de Óptica Humberto Michinel lidera desde o campus de Ourense esta colaboración.

O catedrático da UVigo Humberto Michinel. Foto: Duvi.
O catedrático da UVigo Humberto Michinel. Foto: Duvi.

Segundo explican desde Prosistemas, a iniciativa materializouse o pasado 30 de xullo coa sinatura dun acordo co Departamento de Física Aplicada e esta semana botou a andar coa celebración da primeira reunión técnica. “A empresa contactou con nós porque estaba buscando como ampliar as súas actividades en I+D+i. A nós pareceunos interesante esta colaboración porque nos permite dar unha aplicación práctica a cuestións de investigación que xa dominamos no eido da luz e do láser”, comenta Humberto Michinel.

Publicidade

O acordo, detallan desde a entidade, céntrase en tres aspectos tecnolóxicos. “O primeiro e máis importante consistirá en facer unha análise profunda dos chans de Prosistemas desde o punto de vista da cor, o brillo e a reflectancia”, sinalan. Esta caracterización das propiedades ópticas, indican, permitiralles “definir e cuantificar mellor estas magnitudes”. Ademais, o acordo está enfocado á medición da planimetría en grandes pavimentos empregando autocolimadores láser. Por último, os investigadores abordarán a aplicación a pavimentos da fotocatálise co obxectivo de neutralizar axentes contaminantes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UVigo deseñará sensores fotónicos para identificar células tumorais

Membros de atlanTTic participan no proxecto europeo Retina para a mellora de procesos nos ámbitos da saúde, da automoción e da agricultura

A fotónica modela o século XXI dende Vigo

O Laboratorio QOPHI de atlanTTic, liderado polo investigador Francisco Díaz, traballa en aplicacións vinculadas a comunicacións por fibra óptica e satélites, QKD (cuántica) e sensorización

A UVigo lidera un proxecto europeo para mellorar as comunicacións por satélite a través da fotónica

O investigador Francisco Díaz formará futuros especialistas nunha tecnoloxía na que existe "unha gran demanda na industria aeroespacial"

Un equipo da UVigo desenvolve un sistema para precidir o risco de alerxia ao pole

Elaboraron un calendario polínico da cidade de Ourense e un modelo híbrido de intelixencia artificial para predicir as concentracións a sete días vista