Xoves 25 Abril 2024

Oceanosfera: como ver a Terra desde o espazo no Aquarium Finisterrae

As ferramentas tecnolóxicas que existen hoxe permítennos observar, con gran detalle, como é o noso planeta desde as alturas. Pero case sempre temos que velo desde unha pantalla plana dun ordenador ou un teléfono. Con todo, hai un lugar no Aquarium Finisterrae da Coruña no que podemos coñecer a historia da Terra e as súas peculiaridades desde un punto de vista distinto. A Oceanosfera, un aparello esférico de máis de metro e medio de diámetro, amosa aos visitantes moitos datos sobre o noso planeta cunha perspectiva ben interesante, xa que mestura as vantaxes da representación dos mapas e as novas tecnoloxías.

A Oceanosfera, durante unha sesión didáctica. Fonte: mc2/Flickr.
A Oceanosfera, durante unha sesión didáctica. Fonte: mc2/Flickr.

Foi o primeiro aparello deste tipo que se instalou en España, hai xa oito anos. Mestura a visión que podería ter un astronauta desde a súa nave coa simulación dunha viaxe no tempo a gran escala. Cos datos recollidos durante decenios por axencias internacionais de investigación, como a NASA ou a NOAA, a Oceanosfera ofrece unha imaxe global de todo tipo de fenómenos.

Publicidade

É unha ferramenta para comprender o planeta na actualidade, xa que amosa a contaminación atmosférica, as cores dos océanos, os continentes, a vexetación ou as neves, na zona iluminada polo Sol; e por outra banda, na zona escura, as luces das cidades cóntannos como se distribúe a humanidade. Pero tamén podemos comprender a historia da Terra. A Oceanosfera é quen de recrear a deriva dos continentes, o quecemento global, os fenómenos climáticos de El Niño e La Niña no Pacífico ou o tsunami que varreu o sudeste asiático en 2004.

Oceanosfera, unha ferramenta didáctica

A Oceanosfera supón, deste xeito, un recurso divulgativo moi acaído para as actuvidades didácticas co grupos escolares. A sala está adaptada para o público con dúas bancadas e un sistema de iluminación e acústica que optimiza a calidade da proxección. Mediante fotos fias e vídeos, as súas prestacións técnicas permiten tamén realizar rotacións e inclinacións da esfera para observar, por exemplo, os casquetes polares con maior detalle. A instalación complétase cun atril interactivo cunha pantalla táctil que permite aos visitantes seleccionar o contido a proxectar, podendo elixir o idioma entre tres, galego, castelán ou inglés.

A OceanoSfera consta dunha esfera de proxección de 60 polgadas, 152 cm de diámetro. Ademais ten un sistema de proxección dixital de alta definición instalado no seu interior, formado por dous proxectores de 7.000 lumens cada un, o que proporciona unha imaxe esférica cunha resolución de 1280 pixeles.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os Prismas convocan unha categoría sobre océanos polo 25 aniversario do Aquarium

Os traballos deben presentarse antes do 3 de xuño. Os galardóns están impulsados polo Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses

A UVigo reivindica no Día Mundial da Auga a importancia do seu acceso universal

A universidade impulsa a concienciación través dunha serie de pódcast con nenos e nenas e dun concurso escolar de microrrelatos
00:03:09

As patacas teñen lingua propia: o vídeo dunha galega finalista nun certame de divulgación

A investigadora da Misión Biolóxica de Galicia Lucía Martín Cacheda presenta unha peza audiovidual sobre a comunicación química das plantas

O planetario da Casa das Ciencias estrea unha proxección para público infantil

Un filme con dous esquíos como protagonistas ensinaralle os nenos de 4 a 7 anos as condicións de vida doutros planetas do sistema solar