Sábado 20 Abril 2024

Observer analiza nun ciclo en liña os retos do turismo trala Covid-19

Varios expertos reúnense entre o 6 e o 8 de maio nun encontro virtual para abordar o futuro do sector despois da crise

A empresa Observer organiza os días 6, 7 e 8 de maio un encontro en liña no que se debaterá sobre o futuro do turismo despois do impacto da pandemia da Covid-19. Co título, “Novas estratexias turísticas post Covid-19 en cidades e espazos naturais: repensemos e fagamos”, o ciclo pretende, segundo os organizadores, subliñar a necesidade dun cambio de paradigma no modelo turístico. Un cambio que, afirman, xa viña sendo demandado por gran parte da sociedade, pero que a crise económica do sector, provocada polo coronavirus, está a impoñer de maneira acelerada.

Os relatorios estarán centradas en experiencias xa en funcionamento levadas a cabo polos organismos públicos, de investigación e empresas ás que pertencen os distintos relatores, o que ofrece unha visión rica e ampla de como poñer en marcha novos produtos turísticos, desenvoltos tanto na natureza como en contornas máis urbanas.

Publicidade

O ciclo estará conformado por un panel de sete expertos, con relatorios de media hora e asistencia libre mediante inscrición. Trátase dun formato interactivo, xa que ao final de cada intervención os participantes poderán preguntar as súas dúbidas aos relatores.

O programa está pensado para profesionais do sector do turismo tanto do ámbito empresarial como público, e para calquera persoa interesada.

As inscricións poden realizarse en director@observersciencetourism.com, a través de onde se recibirá a ligazón para entrar nas conferencias.

Programa

6 de maio

17.00 h: Alfonso Polvorinos, director da revista El Ecoturista

17.30 h: Chiara Grasso, etóloga e presidenta de eticoscienza.it.

7 de maio

17.00 h: Teresa Cruz, directora da Fundación Descubre.

17.30 h: Antonia Varela, directora da Fundación Starlight.

8 de maio

17.00 h: Antonio Sandoval, ornitólogo e escritor.

18.00 h: Alexander Vicens, da Universidade de Tolima (Colombia).

18.30 h: Diego González Zevallos, investigador do Conicet (Arxentina).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Si, pódese crear acuarela con bacterias: a UDC impulsa a divulgación a través da arte

CICAGallery estrea a súa primeira edición con cinco artistas que convivirán con distintos grupos de investigación da universidade

Exoplanetas de spray e tinta: ciencia e arte alíanse nun proxecto internacional con selo galego

O artista vigués Tono Carbajo realiza unha residencia artística en Cataluña para desenvolver a súa obra visual e sonora a partir de evidencias astronómicas

A UVigo reivindica no Día Mundial da Auga a importancia do seu acceso universal

A universidade impulsa a concienciación través dunha serie de pódcast con nenos e nenas e dun concurso escolar de microrrelatos
00:03:09

As patacas teñen lingua propia: o vídeo dunha galega finalista nun certame de divulgación

A investigadora da Misión Biolóxica de Galicia Lucía Martín Cacheda presenta unha peza audiovidual sobre a comunicación química das plantas