Venres 29 Marzo 2024

New Space reúne en Vigo aos novos actores do sector espacial

O encontro New Space España 2018 converte Vigo este xoves na capital española do espazo. Este evento, pioneiro en España, reúne por primeira vez ás grandes empresas e institucións do sector aeroespacial cos novos actores do chamado new space, unha novo paradigma que abre o acceso ao espazo a novas empresas e organizacións grazas á redución de custos, no que se coñece como a democratización do espazo.

Baixo o título ‘Oportunidades de negocio fóra da Terra’, New Space España 2018 está organizado por Alén Space, CINAE e Universidade de Vigo, co patrocinio de Abanca, Alter Technology Group, Arrow Electronics, Everis Aeroespacial, Defensa e Seguridade, GAIN ( Axencia Galega de Innovación) e Wind One Advisors.

Publicidade

Entre os participantes destaca a presenza dos principais axentes do new space, de grandes empresas da industria aeroespacial española e de entidades e institucións cun protagonismo no sector: Airbus Space, Aistech Space, Alén Space, Alter Technology Group, CDTi (Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial), CINAE, Deimos Space, DHV Technology, Enisa, ESA (Axencia Espacial Europea), Everis Aeroespacial, Defensa e Seguridade, GAIN ( Axencia Galega de Innovación), GMV, Hisdesat, INTA (Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial), JME Venture Capital, PAE (Plataforma Tecnolóxica Aeroespacial Española), PLD Space, Satlantis, Thales Alenia Space e Universidade de Vigo.

Alén Space é unha spin- off da Agrupación Estratéxica Aeroespacial da Universidade de Vigo, que traballa desde hai máis de 10 anos na consultoría, deseño, fabricación e operación de pequenos satélites. O equipo de Alén Space, un proxecto financiado pola Axencia Galega de Innovación ( GAIN) e acelerado por ViaGalicia, participou en 2012 no lanzamento de Xatcobeo, o primeiro nanosatélite español da historia. Desde entón, desenvolveu proxectos nos que colaborou con axencias e institucións espaciais como a Axencia Espacial Europea (ESA), a NASA, a Agência Espacial Brasileira ( AEB) e a Oficina de Nacións Unidas para os Asuntos do Espazo Exterior ( UNOOSA).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Convocado o IX Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas

Os traballos poden enviarse a partir do 15 de abril. A dotación económica do galardón será de 5.000 euros, cun accésit para o segundo mellor valorado

O Simposio Nacional de Oncoloxía de Precisión insta ao impulso da terapia en Galicia

O evento acolle en Vigo a máis de 40 expertos os días 22 e 23 de febreiro

As cinzas dos lumes de 2017 poden causar alteracións no plancto costeiro da Vigo

O estudo realizado por investigadores do CIM da Universidade de Vigo centra a súa investigación na escorredura posterior ás queimas

A UVigo bate récords na captación de fondos nacionais coa consecución de 5,5 millóns de euros para 40 proxectos

A metade dos traballos están vinculados os investigadores dos centros CIM, CINBIO, atlanTTic, Cintecx e Ecobas