Explicación: de onde veñen estes neutrinos? O Observatorio de Neutrinos IceCube, preto do polo sur da Terra comezou a detectar partículas case invisibles de enerxía moi alta. Aínda que estes neutrinos, que raramente interaccionan, atravesaran gran parte da Terra xusto antes de ser detectados, onde comezaron segue a ser un misterio. Aquí fotografamos o laboratorio antártico IceCube acompañado dunha ilustración que representa longos fíos de detectores conxelados no interior do xeo, limpo coma o cristal, de abaixo. As orixes candidatas para estes neutrinos cósmicos inclúen os arredores violentos de buratos negros supermasivos nos centros de galaxias afastadas, e explosións estelares enormes que rematan en supernovas e estouridos de raios gamma atravesando desde o lonxe o Universo. Mentres o IceCube detecta cada vez máis neutrinos de alta enerxía, as correlacións con obxectos coñecidos poden resolver este enigma cósmico; ou poida que nunca o saibamos.