Venres 19 Abril 2024

Obesidade, esqueletos e curiosidades da Historia na NerdNite de febreiro

A Nave de Vidán será a sede da próxima sesión das NerdNites que, organizadas en colaboración coa Área de Cultura da USC, terá lugar este martes 26 de febreiro a partir das 21.00 horas.

Nesta ocasión participarán o coñecido escritor e comandante de aviación Francisco Narla coa charla ‘La Pinta, la Niña… y la Gallega: curiosidades da historia’; a investigadora Ramón y Cajal e líder do grupo de obesidade do CiMUS da USC, Sulay Tovar, con ‘De apetitos, exercicios e calor. A solución á obesidade!’, e a bióloga e coordinadora do grupo Ciencia do Sistema Terra da USC, Olalla Lopez Costas, que leva á sesión o relatorio ‘Soñan os esqueletos con campos de millo?’.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Debemos alarmarnos polo aumento de casos de tosferina?

En 2023, o número de casos desta enfermidade altamente contaxiosa aumentou en máis de nove veces con respecto ao ano anterior

O festival CinVigo volve esta fin de semana á Porta do Sol con ciencia e diversión

A programación do CINBIO inclúe unha feira científica, obradoiros infantís, unha xincana, maxia e espectáculos

O achado do maior réptil mariño da historia: así o descubriu unha rapaza de 15 anos

Un pai e a súa filla atopan en Reino Unido os restos dun peixe lagarto extinto que puido medir tanto como unha balea azul