Sábado 20 Abril 2024

Nenos e adolescentes absorben tres veces máis radiación solar que os adultos

Os expertos galegos alertan de que os menores de 10 anos deixan pasar o 75% de raios ultravioleta e poden desenvolver patoloxías oculares

É ben coñecida a importancia de protexer a nosa pel dos efectos da radiación solar, sobre todo no verán. Son moitos os pais que conciencian os seus fillos dende pequenos dos posibles danos asociados á sobreexposición ao sol, mais desde o Colexio de Ópticos-Optometristas de Galicia lembran que os ollos son os grandes esquecidos e que tamén é de suma importancia a súa protección. Do mesmo xeito que a pel, estes tamén teñen memoria, o que afecta o desenvolvemento de nenos e adolescentes e poden sufrir patoloxías derivadas da exposición solar acumulada, especialmente no primeiros dezaoito anos de vida. Sobre todo, porque este sector da poboación é capaz de absorber tres veces máis radiación solar que os adultos.

Os ópticos galegos explican que os tecidos e a estrutura ocular nestas idades non están completamente desenvolvidos, o que implica que son máis sensibles á radiación e que teñen menos mecanismos de defensa. Por exemplo, sinalan que a súa pupila está máis dilatada e a súa pigmentación aínda non se escureceu, o que supón menor protección e permite a entrada de máis radiación solar. “O cristalino dun neno menor de 10 anos deixa pasar o 75% de raios UV e o filtro do mesmo non termina de formarse ata os 12 anos, polo cal chega máis radiación ultravioleta á súa retina. Isto pode producir danos oculares como fotoqueratite e fotoconjuntivite, así como dor, fotofobia, xaquecas e ollos avermellados”, indica Eduardo Eiroa, presidente do Colexio de Ópticos-Optometristas de Galicia.

Publicidade

Os nenos e os adolescentes son máis vulnerables que os adultos á radiación, en parte porque a súa exposición á mesma é tres veces superior, xa que normalmente pasan máis tempo ao aire libre. Ademais, é nesta etapa do desenvolvemento onde os seus ollos absorben entre o 50% e o 80% da exposición solar de toda a súa vida. Para evitar os riscos e danos derivados da radiación, os expertos recomendan usar lentes homologadas e ter hábitos de exposición saudables para reducir as posibilidades de padecer lesións de córnea e conxuntivais, cataratas, alteracións ou dexeneracións de retina que afecten á visión de forma permanente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A ciencia confirma que as apertas alivian a dor, a ansiedade e a depresión

Un equipo internacional analiza os beneficios do contacto físico nas persoas a partir da revisión de 212 estudos

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Un equipo de atlanTTic deseña antenas innovadoras para satélites xeoestacionarios

O proxecto da UVigo busca unha redución na masa e o volume da tecnoloxía, así como diminuír os custos

Un equipo da UVigo analiza en alta resolución o transporte de humidade no Atlántico norte

O grupo EphysLab investiga como se altera o ciclo hidrolóxico na rexión oceánica por procesos relacionados co cambio climático