Explicación: collerá algunha vez a araña á mosca? Pois non, se ámbalas dúas son nebulosas de emisión cara a constelación do Carreteiro (Auriga). Unha ollada imaxinativa cara a ampla IC 417 (esquerda) e a diminuta NGC 1931 (dereita) suxire unha araña e unha mosca cósmicas. A rexión amosada tamén inclúe ao cúmulo estelar aberto M38, a nebulosa de emisión IC 410 con Cágados e á nebulosa da Estrela Flameante da propia Auriga IC 405. A uns 10 000 anos luz de distancia, as dúas representan a cúmulos abertos de estrelas formados en nubes interestelares e aínda incrustados no gas hidróxeno brillante. A efectos de escala, a máis compacta NGC 1931 (a Mosca) ten uns 10 anos luz de diámetro.