Xoves 28 Marzo 2024

‘Nature’ lembra a Ángeles Alvariño no seu 102º aniversario

María de los Ángeles Alvariño González, bióloga mariña e oceanógrafa, foi a primeira muller que subiu como científica a bordo dun buque español e inglés de investigacion”. Así presenta a revista Nature Ecology and Evolution, do prestixioso grupo Nature, á científica galega, que naceu 0 3 de outubro de 1916.

A través da súa conta de Twitter, a revista conta tamén que “desenvolveu a súa carreira investigando o zooplancton microscópico mariño, do que se sabía moi pouco cando ela comenzou a estudalo no Instituto Español de Oceanografía, e despois no laboratorio da Asociación Biolóxica Mariña de Plymouth (Reino Unido).

Publicidade

En 1956, Alvariño conseguiu unha bolsa Fullbright para estudar no Woods Hole Oceanographic Institute de Massachusetts, onde traballou, segundo lembra a revista con outra pioneira na investigación do zooplancton, Mary Sears.

Tamén se lembrou Nature dos importantes achados de Alvariño: “22 especies novas de plancton, máis dun cento de artigos, e especialmente citada polo seu traballo sobre os sifonóforos“.

Unha vida para lembrar, e que hoxe segue na memoria da oceanografía. Así, como conta a prestixiosa revista, “un dos barcos de investigación do IEO leva o nome de Ángeles Alvariño, así como dúas especies de plancton: o quetognato Aidanosagitta alvarinoae e a hidromedusa Lizzia alvarinoa.

 

 

 

 

 

 

 

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Descuberta a proteína responsable da sensación de frío

O estudo foi publicado na revista ‘Nature Neuroscience’ e pode axudar a comprender como perciben as temperaturas baixas os seres humanos

Crean en Vigo un mapa de biodiversidade costeira a partir de 11.000 chíos

A análise da información recompilada na rede X permite, cun baixo custo, complementar os programas existentes de vixilancia

Atracción fatal ou confusión? Este é o verdadeiro motivo polo que os insectos voan arredor das bombillas

Estes animais non se dirixen ao foco luminoso, senón que se inclinan cara a el, desvíanse e modifican de forma errática a súa traxectoria

h

Un equipo galego revisa a literatura científica sobre estes eventos dende comezos do século XX ata a data