Venres 19 Abril 2024

‘Na procura da noite’: a USC edita as mellores astrofotografías galegas

O libro coordinado por Salvador Bará e Jorge Mira foi galardoado como a mellor edición dixital nos XXII Premios Nacionais de Edición Universitaria

O e-book Na procura da noite. Fotografando o ceo nocturno, elixido Mellor edición dixital e multimedia nos XXII Premios Nacionais de Edición Universitaria, xa está dispoñible de balde e en aberto na páxina do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC. O libro consta dunha selección de instantáneas realizadas polos mellores fotógrafos do ceo nocturno de Galicia que achegan a súa ollada particular para esta obra.

Portada do libro editado pola USC.

 

Trátase “dun grupo de soñadores que, sendo sensibles ao instinto ancestral de mirarmos cara ao ceo, se lanzaron á procura da noite a rescatar ese tesouro apagado polo malgasto de luz artificial”, tal e como apuntan no seu limiar Salvador Bará Viñas e Jorge Mira Pérez, profesores do Departamento de Física Aplicada da USC, promotores e coordinadores da obra.

Publicidade

Para o director do Servizo de Publicacións, Juan L. Blanco Valdés, esta obra “tivo unha ‘cociña’ moi complexa, tanto dende o punto de vista da xestión dos dereitos e condicións da cesión entre nove autores, como da propia idea do libro, deseño, elaboración técnica, depuración de erros… Ata un produto final que contentou a todas as partes: promotores, autores e editores”. “Trátase do tipo de obra imposible de executar sen o punto de entusiasmo indispensable para compensar as dificultades”, engade.

Aquí podes descargar o libro ‘Na procura da noite

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:04:39

Pode caer un raio dúas veces no mesmo sitio?

Grazas aos pararraios a humanidade non teme hoxe as tormentas e o seu poder destrutivo, pero o lugar onde caen as descargas ten pouco de azar e moito de fondo científico

Pódcast | É hora de entender o cambio horario, con Jorge Mira

O catedrático de Física da USC, membro do comité de expertos que asesorou ao Goberno, aclara as dúbidas respecto ao movemento do reloxo

Un estudo cuestiona os riscos para a saúde atribuídos ao movementos do reloxo

Investigadores das Universidades de Santiago de Compostela e Sevilla revisaron a literatura científica máis citada a este respecto

A Academia de Ciencias premia a traxectoria de cinco científicos coas Medallas de Investigación

Jesús López Romalde, Ramón Máiz, Mª Ángeles Sanromán, Jorge Mira e Isabel Pastoriza son os premiados deste ano