Venres 29 Marzo 2024

O MIT nomea ao galego César de la Fuente como referencia en innovación

O científico coruñés estuda como mellorar os antibióticos para anticiparse aos problemas causados pola resistencia das chamadas "súperbacterias"

Moitas voces coinciden en sinalar a resistencia das bacterias aos antibióticos como un dos principais problemas para a saúde pública no século XXI. E para anticiparse traballan moitos grupos de investigación en todo mundo. Entre eles destaca César de la Fuente (A Coruña, 1986), un galego que xa acumula, pese á súa xuventude, unha longa traxectoria investigadora en centros de referencia nos Estados Unidos. De la Fuente acaba de sumar un novo recoñecemento coa súa inclusión na lista dos 35 innovadores de menos de 35 anos que selecciona o prestixioso Massachusetts Institute of Technology (MIT).

Esta lista, que elabora anualmente a institución, escolle a figuras que “dedican as súas vidas á idea de que a tecnoloxía pode facer un mundo máis xusto e seguro”. E entre eles, na categoría de Pioneiros, aparece o galego César de la Fuente, que actualmente é profesor e investigador na Universidade de Pennsylvania.

Publicidade

Tal e como explica o MIT, “as bacterias evolucionan máis rápido do que os científicos poden facer novos antibióticos para combatelas. Por iso, César de la Fuente está desenvolvendo algoritmos que, á semellanza das leis da evolución de Darwin, poidan crear antibióticos artificiais e optimizados”.

Un galego no MIT estuda o veleno de avespa contra as superbacterias

Neste sentido, De la Fuente impulsou un método para facer que proteínas tóxicas, como unhas que están no veleno das avespas, se convertan en antimicrobianos. Do mesmo xeito, afondou en enormes bases de datos de proteínas no corpo humano para descubrir moléculas que poidan matar os microbios daniños.

Levántome cada día pensando en toda a xente que está morrendo en todo o mundo debido ás infeccións que poden ser tratables, e intentando en como solucionalas”, conta De la Fuente en declaracións ao MIT. Do mesmo xeito, César de la Fuente espera que estas achegas na investigación poidan servir tamén para atopar proteínas implicadas nos trastornos psiquiátricos, como a depresión e a ansiedade, e modificalos para mellorar a función cerebral e o comportamento.

O currículo de César de la Fuente

É licenciado en Biotecnoloxía pola Universidad de León e realizou o seu doutoramento no laboratorio do doutor Robert Hancock, na Universidade de British Columbia, en Vancouver Canadá), onde se especializou no descubrimento de novas terapias para o o tratamento das infeccións bacterianas. Ten recibido numerosos recoñecementos de institucións de prestixio como o propio MIT, a Harvard Medical School, a Sociedade Americana de Microbioloxía, a Fundación Ramón Areces ou la Caixa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia notifica 10 mortes ao día por consumo de tabaco

A investigadora da USC Julia Rey Brandariz constata na súa tese que a comunidade galega é a duodécima que máis falecementos rexistra por esta substancia

Primeiro mapa de bacterias resistentes: estes son as cinco principais de Galicia

O microorganismo de maior incidencia é 'Klebsiella pneumoniae', unha das enterobacterias máis perigosas polo amplo abano de infeccións que provoca

Científicos galegos participan no primeiro mapa español de bacterias resistentes aos antibióticos

A base de datos en liña proporciona o perfil xenómico de 461 cepas, procedentes de 41 hospitais situados en 13 rexións de España

O aire en Europa é o máis seco dos últimos 400 anos

Unha investigación demostra que, desde principios do século XXI, se está a producir un desecamento xeralizado debido á actividade humana