Explicación: Que vén sendo esa estraña luz do ceo? Unha pregunta habitual, neste caso a luz non era só brillante senón tamén se movía e expandía. Apereceu xusto canto o astrofotógrafo e o seu amigo estaban a fotografar a ponte Golden Gate en San Francisco (California), contra un ceo nocturno máis predicible. Non estaban sós ollando este espectáculo estraño; centos de persoas de California informaron dunha vista semellante. O consenso dos observadores celestes con experiencia foi que o penacho se debeu ao lanzamento dun foguete; unha explicación que axiña foi confirmada coma unha proba dun mísil nuclear Trident II D5 sen aviso previo e sen armar, lanzado desde un submarino. Estas probas non son estrañas pero normalmente non se fan xusto tras do solpor nin preto dunha área metropolitana grande; cando son observables particularmente por moita xente. Cando as imaxes de penachos non se publicaban na rede e non eran rapidamente identificadas, semellantes espectáculos celestes podrían ser malinterpretados por algúns e asociados a explicacións máis grandiosas, pero incorrectas.