Venres 29 Marzo 2024

Miradoiro de Fedorentos, a flora como testemuña da evolución

Ofrece vistas á illa de Onza, ás Cíes, á zona continental máis próxima e tamén unha boa panorámica da vexetación máis característica

O mirador de Fedorentos, localizado no extremo sur da illa, permite observar a típica vexetación de matogueira de Ons. A xesta (Cytisus insularis), sen dúbida, ocupa un lugar destacado, sendo un dos poucos endemismos da zona.

Encontrámonos no punto máis meriodional de Ons. Aquí atopamos unhas fermosas vistas á illa de Onza, ás emblemáticas Cíes e á zona continental máis próxima aos arquipélagos. Este lugar ofrece, ademais, unha boa panorámica da vexetación máis característica, con amplas zonas de matogueira e toxos (Ulex europaeus subsp. latebracteatus), aos que hai que engadir pequenas formacións illadas de eucalipto, acacia, piñeiro e salgueiro.

Publicidade

Vexetación de matogueira

O predominio dun tipo de vexetación de matogueira, moi pegada ao chan, explícase pola escasa elevación da illa, que se ve afectada polo vento e o exceso de salinidade do aire, debido ao bater das ondas.

A presión exercida polas gaivotas na época de cría (debido ao rascado e os excrementos) provoca unha gran concentración de nitróxeno e fósforo. Isto fai que as comunidades de matogueira, nos puntos de cría destas aves, estean dominadas por plantas con mellor adaptabilidade a este tipo de solos, como o brizo (Angelica pachycarpa) ou a ortiga (Urtica membranacea).

É preciso tamén destacar a xesta de Ons (Cytisus insularis), por ser un endemismo. Esta especie, que só se atopa en Ons e Sálvora, foi descuberta en 1998 cando os investigadores observaron que a súa morfoloxía era diferente das xestas do continente, pois tanto as follas como os froitos eran distintos.

Herba de Santiago. Foto: Wikimedia Commons

Uso medicinal das plantas

O illamento xeográfico dos poboadores das illas e as duras condicións de vida favoreceron o desenvolvemento de toda unha sabedoría popular relativa ao uso de plantas medicinais. Este uso de remedios vexetais estaba tamén moi influenciado por crenzas e andrómenas. Estes remedios preparábanse en infusións, ungüentos ou illando o zume da planta, e eran utilizados para todo tipo de doenzas. Actualmente no parque nacional hai catalogadas máis de 40 plantas de uso medicinal, entre elas a herba de Santiago (Senecio jacobaea), a madreselva (Lonicera periclymenum), a malva (Malva sylvestris) ou o sabugueiro (Sambucus nigra).

Descarga aquí a décimo quinta entrega da guía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Praia de Melide, a importancia de conservar os sistemas dunares

Xunto co de Muxieiro, situado nas illas Cíes, constitúe un dos principais depósitos de area do parque nacional

Punta Centolo, o refuxio das aves mariñas

Este miradoiro da illa de Ons é zona de cría das aves máis emblemáticas do parque nacional

Faro de Ons, a torre que salvou vidas

Está situado a 128 metros sobre o nivel do mar e data do ano 1926

Castelo dos Mouros, o pasado celta da illa de Ons

Atópase no cumio do monte Castro, onde recentes escavacións sitúan un castro da Idade de Bronce