Sábado 20 Abril 2024

Xa se poden extraer os USB sen expulsalos

Microsoft anuncia que a nova actualización de Windows deste 2019 aforra o paso de expulsar ou deter os dispositivos

Despois de anos de reprendernos por non expulsar de xeito seguro as unidades USB das computadoras, Microsoft fixo o impensable: finalmente, recoñece que está ben sacar os dispositivos directamente e gañar tempo para vivir a vida.

Dende que apareceron as unidades USB, o fabricante de Windows advertiu e amoestou aos usuarios de computadoras por non retirar con seguridade o hardware externo, empregando unha pestana chamada “expulsar o dispositivo“.

Publicidade

En versións anteriores de Windows, e mesmo en Windows 10, o feito de non expulsar os dispositivos USB (e outros dispositivos externos, como as tarxetas flash) antes de sacalos conlevaba o risco de problemas cos arquivos importantes, de corromper contidos ou de perder información.

Afortunadamente, unha nova actualización de Windows 10 elimina este minucioso procedemento, un obstáculo común que co tempo se converteu no alimento de innumerables memes.

A actualización implementouse a fins do ano pasado, pero só agora está a recibir unha maior atención grazas aos novos documentos de soporte de Microsoft, que explican que, a partir de Windows 10 versión 1809, agora se pode sacar ese USB directamente, sen pasos previos.

Na actualización da nova versión 1809, “Eliminación rápida” é o novo valor predeterminado para todos os formatos de USB, co que se mantén o dispositivo listo para ser eliminado en calquera momento. Nas redes sociais especializadas xa circulan bromas sobre que facer con todo o tempo libre que, dende agora, imos gozar ao poder retirar hardware sen pasos previos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cando a música e a informática se alían: “Un músico poderá atopar partituras cantaruxando”

A investigadora da UDC Hilda Romero Velo crea unha aplicación web e móbil para solucionar algúns dos problemas aos que se enfrontan os músicos no día a día

Empresas e entidades TIC apoian a Galicia como sede da Axencia Estatal de Intelixencia Artificial

Amazón, Microsoft, NTT Data ou Telefónica mostran o seu acordo coa proposta da Xunta para que Galicia acolla o novo organismo

PODCAST | A informática ao servizo da saúde cardiovascular. Con Víctor Mondelo

Charla co investigador do Laboratorio de Informática Aplicada, creador dun sistema informático de apoio á diagnose de electrocardiogramas que facilita o traballo do persoal sanitario na toma de decisións

Tres obradoiros para espertar a vocación tecnolóxica entre as rapazas

Están organizados polo CPEIG e Amtega e poderanse seguir en liña ou asistir de maneira presencial na Facultade de Informática da Coruña