Xoves 28 Marzo 2024

Medicina da USC analiza as barreiras das personas con autismo na atención sanitaria

Un simposio de carácter interdisciplinar abordará na Facultade de Medicina os retos que no ámbito da atención sanitaria atopan as persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA). Coa presenza de destacados expertos/as, o simposio prestará atención a moitas das barreiras que atopa este colectivo no ámbito sanitario, dende a diagnose, a formación dos profesionais ou a accesibilidade aos centros, entre outras cuestións. Esta é unha actividade organizada pola Unidade de Pacientes con Necesidades Especiais da USC, que dirixe o catedrático de Odontoloxía Pedro Diz Dios, coa participación da Asociación de Padres de Personas con Trastorno del Espectro Autista (ASPANAES) e que está dirixida a profesionais e estudantado do ámbito sociosanitario así como a proxenitores, educadores e a todas aquelas persoas que conviven con persoas con TEA.

O encontro desenvolverase o sábado 23 de xaneiro no Salón de Actos da Facultade de Medicina e Odontoloxía ao longo dunha xornada na que tamén se presentará un documental que relata os contidos e evolución dun programa de sensibilización de persoas con TEA que necesitan acudir ao dentista, iniciativa desenvolvida pola Unidade de Pacientes Especiais en colaboración con ASPANAES durante os últimos tres anos.

Publicidade

No simposio vai estrearse o documental ‘Dentisteando. O dereito á saúde oral’

O programa do simposio comezará cunha análise sobre que son os TEA, a cargo da profesora de Psiquiatría Ángela Torres Iglesias, a quen seguirá o catedrático Ángel Carracedo para explicar as bases xenéticas deste trastorno. O doutor Jesús Eirís Puñal falará sobre os trastornos neurolóxicos asociados ao TEA. Para completar a sesión matinal, estrearase o documental ‘Dentisteando. O dereito á saúde oral’.

Pola tarde, o simposio celebrará unha mesa redonda que aborda diferentes facetas da atención sanitaria a persoas con trastorno do espectro autista, coa participación do médico de familia Manuel A. Ramos Rodríguez; a psicóloga Emma Cuesta Fernández; un representantes da administración sanitaria; Esperanza Acín Villa, nai dunha persoa con TEA; e o profesor Jacobo Limeres Posse, en representación dos profesionais da Odontoloxía. A xornada completarase coa relatorio de Ana Martínez Díez, de ASPANAES, titulado ‘Comprendendo o autismo: necesidade de apoio na atención sanitaria’; e a presentación do programa de atención médica integral para persoas con TEA do Hospital Xeral Universitario Gregorio Marañón, a cargo de Leticia Boada Muñoz.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Investigadoras galegas constatan que as mulleres autistas camuflan máis os seus síntomas

O enmascaramento provoca retrasos no diagnóstico e problemas de saúde mental derivados da presión social

Traballar con cadáveres na ciencia: así funcionan as doazóns en Galicia

Os expertos piden un marco legal específico na materia despois de que saltasen as alarmas pola trama de tráfico ilegal de corpos en Valencia

O que sabemos do papel da microbiota no autismo e como pode mellorar os tratamentos

Recentes achados revelan que a presenza ou ausencia de determinadas bacterias inflúen nos síntomas que sofren os nenos con TEA

Un estudo sobre os xenes que causan o autismo abre novas rutas para a prevención

A neurocientífica Gaia Novarino logrou que ratos coa mutación desenvolveran dificultades motoras e sociais despois do nacemento