Venres 19 Abril 2024

Medicamentos contra o cancro baseados en moléculas de orixe mariña

“PharmaMar é unha compañía biofarmacéutica con sede en Madrid, líder mundial no descubrimento, desenvolvemento e comercialización de novos antitumorais de orixe mariña. PharmaMar ten unha importante carteira preclínica de compostos e un potente programa de I+D. A compañía desenvolve e comercializa YONDELIS® en Europa e dispón doutros tres compostos en desenvolvemento clínico para tumores sólidos e hematológicos: plitidepsina, PM1183 e PM184.”

“Recentemente a compañía anunciou que recibiu a conformidade por parte do Comité Independente de Monitoraxe de Datos (IDMC polas súas siglas en inglés) de continuar o estudo pivotal CORAIL de PM1183 (lurbinectedina) en pacientes con cancro de ovario platino resistente ata recrutar o total de 420 pacientes previstos no protocolo. Esta decisión baséase na análise de futilidade realizado cos primeiros 210 pacientes (o 50% do total) no que se avaliaron a seguridade e eficacia de PM1183 nesta indicación. O CORAIL é un ensaio clínico de Fase III pivotal e aleatorizado que avalía en 420 pacientes a eficacia de PM1183 en comparación con topotecan ou doxorrubicina liposomal pexilada, tratamento estándar para esta patoloxía. O obxectivo primario do estudo é a avaliación da supervivencia libre de progresión e, como variables secundarias, analízase a supervivencia global, a taxa de respostas obxectivas e parámetros de calidade de vida das pacientes.”

Publicidade

“Ademais,  iniciou o estudo de rexistro de Fase III ATLANTIS que compara a actividade e seguridade da combinación do antitumoral de orixe mariña PM1183 (lurbinectedina, composto estruturalmente relacionado coa trabectedina) con doxorrubicina fronte a topotecán ou a combinación CAV (ciclofosfamida + adriamicina (doxorrubicina) + vincristina) para o tratamento de pacientes con cancro de pulmón microcítico que recaeron tras un primeiro tratamento con platino. Topotecán é o único medicamento aprobado en Estados Unidos e Europa para esta indicación. ATLANTIS é un estudo multicéntrico, aberto, aleatorizado e controlado de Fase III que incluirá a 600 pacientes. O obxectivo principal do ensaio clínico é mellorar a supervivencia libre de progresión destes pacientes avaliada por un comité independente seguindo os Criterios de Avaliación de Resposta en Tumores Sólidos (RECIST 1.1). Como obxectivos secundarios analizaranse parámetros como a supervivencia global, a duración de resposta, indicadores de calidade de vida, a taxa de respostas segundo os criterios RECIST 1.1, e a correlación entre farmacocinética e farmacodinámica, entre outros.”

“A trabectedina, tamén coñecida como ecteinascidina 743 e ET-743, é un composto químico empregado como sustancia farmacolóxica e principio activo en tratamentos de quimioterapia  indicados contra estadios avanzados do sarcoma de tecidos brandos (STT) e contra o cancro de ovario. A trabectedina é un axente antitumoral de orixe mariña illada de Ecteinascidia turbinata, un tunicado colonial.”

Queda moito mar por explorar.

Fontes

PharmaMar comunica a resposta do IDMC sobre o ensaio CORAIL con PM1183

PharmaMar inicia o estudo de rexistro ATLANTIS con PM1183 en combinación con doxorrubicina para o cancro de pulmón microcítico

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os casos de cancro de próstata duplicaranse en 2040

Un informe publicado na revista 'The Lancet' estima que en menos de dúas décadas haberá 2,9 millóns de pacientes con este tumor

“Con suficiente investigación, a maioría dos cancros poderanse tratar na década de 2040”

Jesús Sánchez, responsable de proxectos na Fundación CRIS, asegura que as terapias CAR-T foron unha revolución no tratamento dos tumores do sangue

O disruptores endócrinos poden aumentar o risco de cancro de endometrio

Observada unha asociación entre as mesturas de contaminantes ambientais e a maior probabilidade de desenvolver este tumor

Crean en Vigo un mapa de biodiversidade costeira a partir de 11.000 chíos

A análise da información recompilada na rede X permite, cun baixo custo, complementar os programas existentes de vixilancia