O café Airas Nunes de Compostela (Rúa do Vilar, 17) acolle este venres ás 21 horas a charla “Os científicos tamén choran“, impartida polo divulgador científico Manuel Vicente, condutor do programa Efervesciencia, e organizada polo colectivo Escépticos en el Pub Compostela.
Nesta sesión, Manuel Vicente ofrecerá o lado amargo da investigación científica: “revistas depredadoras, artigos que ninguén le, investigacións irreproducibles, monopolios editoriais, piratas, egos, roubo de méritos e ata guerras de patentes. Benvidos ao selvático mundo da investigación real que poucas veces se conta ao gran público”, segundo adiantan desde o colectivo organizador.