Venres 19 Abril 2024

Leónidas e amigos

Créditos da imaxe e copyright: Malcolm Park (North York Astronomical Association)
Créditos da imaxe e copyright: Malcolm Park (North York Astronomical Association)

Explicación: esta semana choveron meteoros das leónidas sobre o planeta Terra, a chuvia anual de refugallos poeirentos procedentes da órbita do cometa 55P/Tempel-Tuttle. As leónidas atravesan esta composición do ceo nocturno desde un observatorio caseiro ao sur de Ontario. Os fotogramas individuais, gravados cunha cámara fixada a un trípode, captan a brillante actividade meteórica ao través da noite do 16/17 de novembro, máis ou menos un día antes do moi modesto máximo da chuvia. Os fotogramas rexístranse no campo de vista fixo, polo que os ronseis dos meteoros non están todos aliñados co campo estelar do fondo que se gravou esa noite cando Orión ficaba sobre o horizonte meridional. Como resultado, os ronseis non parecen provir do radiante da chuvia en Leo, situado fóra do bordo esquerdo do recadro estelar, algúns ronseis poderían ser dos meteoros das táuridas, unha chuvia tamén activa en novembro, ou incluso meteoros esporádicos, incluíndo un bólido brillante co seu reflexo preto do horizonte.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

O bólido que se viu dende Galicia tivo a súa orixe na constelación Pegaso

O fenómeno avistouse no sur do país e no norte de Portugal pero o astrónomo Josep M. Trigo asegura que aconteceu "moi lonxe da costa"