Venres 29 Marzo 2024

‘La Caixa’ apoia cun millón de euros dúas investigacións do CiMUS de Santiago

Os proxectos financiados de Miguel López e Rubén Nogueiras céntranse na neurociencia e no metabolismo

Miguel López e Rubén Nogueiras, investigadores do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS), acaban de recibir cadansúa axuda na convocatoria Health Research 2019 da Fundación ‘la Caixa’ 2019, que supón financiamento por valor de preto dun millón de euros para ambos grupos de investigación da USC durante o período 2019-2022. A esta liña de axudas presentáronse preto de 650 propostas, das que unicamente recibirán recursos 22 proxectos.

A proposta de Miguel López está centrada no ámbito da neurociencia e o seu proxecto pretende desenvolver unha nova terapia para a obesidade baseada na utilización de exosomas, tendo como diana terapéutica unha poboación de neuronas na hipotálamo. O investigador mostrouse especialmente satisfeito coa obtención de financiación para este proxecto xa que como lembro “nos últimos 10-15 anos fixemos unha aposta arriscada para esclarecer como os sensores enerxéticos influencian a inxesta alimenticia”. Esta vía de traballo levounos a “describir unha vía de sinalización completamente descoñecida que é sobre a que pretendemos actuar neste proxecto”.

Publicidade

No plano práctico, o proxecto agora financiado pretende completar a fase preclínica. Nesta liña, o investigador asegura que “os datos preliminares que temos en animais son prometedores e entendo que esa é unha das razóns nas que se fixou o xurado internacional de expertos para propor o seu financiamento así como o feito de que o proxecto é la consecuencia lóxica de toda a xeración de coñecemento levada a cabo durante estes anos”. Como el mesmo matiza, “no momento actual para que un medicamento sexa aprobado ten que estar claro o seu mecanismo de acción, algo que no noso caso se cumpre”.

Rubén Nogueiras estuda a relación entre o cerebro e as bacterias do intestino

O segundo dos proxectos da USC financiados está localizado na área de Metabolismo e lidérano o profesor da USC Rubén Nogueiras, Marc Claret (IDIBAPS-Universidade de Barcelona) e Patrice Cani (Universidade de Lovaina). A finalidade do proxecto financiado será esclarecer os mecanismos a través dos que o hipotálamo controla a función gastrointestinal e a composición da flora intestinal.

A importancia de levar a cabo este proxecto vén dado segundo explica o profesor Nogueiras porque “implica un salto conceptual importante. Ata agora é amplamente aceptado que as bacterias do intestino exercen algúns accións importantes sobre o cerebro, pero o contrario non se contemplaba. O noso proxecto pretende desenmascarar e estudar en detalle este circuíto cuxa función pode ser moi relevante á hora de entender nun futuro distintas patoloxías”. O investigador explica que se trata dun proxecto de gran complexidade experimental o que tamén motiva que sexa abordado por tres grupos con prestixio internacional e con coñecementos complementarios sobre distintos modelos experimentais no ámbito da neurociencia, o metabolismo e a microbiota.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Nanotecnoloxía galega contra o tumor cerebral máis común

Un estudo da USC abre a porta a unha nova aproximación terapéutica que podería posibilitar un ensaio clínico nun prazo de tres anos

A gran eclipse solar de abril: cando e onde vela en Galicia?

Este fenómeno astronómico será visible de maneira parcial no oeste da comunidade, especialmente na franxa atlántica da Coruña e Pontevedra

O mapa dos ‘químicos eternos’ en Galicia: ata 70 zonas sospeitosas de grave contaminación

Unha investigación europea sinala a presenza no continente destas substancias nocivas para o medioambiente e a saúde