Martes 23 Abril 2024

Instagram pide desculpas e recupera a foto “censurada” do cocido galego

Un portavoz de Facebook admite un "erro" ao eliminar o contido, que xa volve estar dispoñible no perfil do usuario que a publicou

Despois da polémica viral pola “censura” dunha foto dun cocido galego que denunciou esta semana un usuario de Instagram, as augas volven ao seu leito. Ao longo deste martes, a publicación que desapareceu do perfil de Richard Barreira está de novo dispoñible debido a que os xestores da rede rectificaron.

“O contido foi desactivado por un erro e xa foi republicado. Pedimos desculpas“, dixo un portavoz de Facebook consultado por GCiencia.

Publicidade

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Primer cocido de la temporada en casa Rosi #cocido #cocidogallego #sihayquepecarsepeca #galiciacalidade #galiciamola

Una publicación compartida de Richard Barreira Baños (@richardbarreira) el

O propio usuario da conta amosábase satisfeito, e tiraba do refraneiro ante a situación: “Non queriades caldo, iluminados de Instagram? Pois tomade cocido!“. Con todo, ademais dos comentarios que apoiaban ao autor das imaxes, outras persoas sostiñan que a censura estaba ben, ao tratarse de “cadáveres mutilados” de animais.

A censura do cocido galego

A noticia percorreu as redes despois de que o propio usuario achegara unha na que, se podía ler a mensaxe que indicaba que a foto do cocido galego incumpría as normas de comunidade, acompañando a mensaxe co argumento de que non se aceptaban “certas cousas”, como “violencia gráfica”, “linguaxe que incita ao odio, acoso e bullying”, e “espidos e actividade sexual”.

As polémicas coas imaxes que tanto Facebook como Instagram deciden eliminar son habituais. Non é a primeira vez que personaxes públicos denuncian a eliminación de fotos nas que aparecen espidos. E mesmo chegaron a eliminarse imaxes de obras de pintores como Rubens, debido ás persoas espidas que saen nelas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A estraña tendencia de TikTok que destrúe ósos e vasos sanguíneos

O 'bone smashing' consiste en someter a cara a un traumatismo golpeándoa varias veces coa esperanza de mellorar o aspecto físico

Por que teñen tanto éxito os discursos anticientíficos?

O 'terraplanismo', os 'movementos antivacinas' e o 'negacionismo climático' son conceptos que se popularizaron nos últimos anos

O uso de redes sociais está relacionado co desenvolvemento de trastornos da conduta alimentaria

O estudo apunta que o 90% das persoas afectadas son mulleres e que é necesario impulsar a prevención na adolescencia

Twitter volve sufrir unha caída a nivel mundial

Fai case dúas horas que comezaron a rexistrarse problemas para publicar e seguir a usuarios nesta rede social