Venres 29 Marzo 2024

'Inside the Lab', escaparate dende a investigación á empresa

Un modelo de atención visual que imita o comportamento do ollo humano (cualificado como «o mellor do mundo» pola University of Southern California en 2013), algoritmos que contribúen a incrementar a eficiencia en procesos industriais ou unha nova tecnoloxía capaz de converter grandes cantidades de datos numéricos en linguaxe natural (utilizada actualmente por MeteoGalicia para xerar predicións meteorolóxicas textuais en cada un dos 314 concellos galegos). Son só tres dos 16 exemplos que o vindeiro 3 de xullo coñecerá quen asista no CiTIUS ao encontro Inside the Lab, unha xornada de presentación de tecnoloxía na que se amosarán os resultados de investigación únicos obtidos ao longo dos últimos anos nese centro singular da USC, moitos deles á vangarda da innovación mundial.

As Spin-off Cilenis e Situm presentarán os seus traballos en ‘Inside the Lab’

O obxectivo fundamental desta demostración é presentar algunhas das solucións de alta calidade que actualmente nutren a oferta tecnolóxica do centro, con aplicacións en múltiples ámbitos da actividade industrial. O traballo desenvolvido nos laboratorios do  CITIUS está a transformar resultados científicos en tecnoloxías innovadoras, o que representa unha extraordinaria oportunidade para o sector empresarial, xa que achega valor ao tecido produtivo e contribúe, deste xeito, á mellora da calidade de vida.
Esta demostración tecnolóxica estará dispoñible durante toda a mañá do venres (entre ás 10:00 e ás 14:00), e a súa estrutura reproducirá ou formato dunha xornada de portas abertas, polo que non haberá unha axenda con horarios prefixados. Á súa chegada, os visitantes recibirán un plano coa situación dos distintos puntos informativos.
En total serán 16 demostradores científicos os que se mostrarán, incluíndo 2 spin-off do centro: Cilenis, especializada en tecnoloxías da linguaxe, e Situm Technologies, cuxo núcleo de negocio son as tecnoloxías de xeoposicionamiento en interiores. Toda unha exhibición de sistemas innovadores que abranguen ámbitos de aplicación tan diversos como a diagnose asistida a través de imaxe médica 3D, a utilización de sensores intelixentes en agricultura ou o control de calidade mediante a análise de imaxe espectral (entre moitos outros).
Con respecto ás empresas fundadas por investigadores do centro, serán os propios emprendedores quen presenten os innovadores produtos comerciais que ambas as dúas startups teñen actualmente non mercado, defendendo ante os visitantes as vantaxes de apostar por estas compañías.
Para participar nesta xornada, o único requirimento é inscribirse previamente na web do CITIUS antes do 3 de xullo.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:05:35

É a intelixencia artificial unha ameaza para a humanidade?

O frenesí dos últimos anos leva a moitos a preguntarse polo verdadeiro alcance dunha revolución con riscos, pero con moitos beneficios se se seguen as normas

Unha campaña de doazón de voz recollerá as variedades fonéticas e dialectais de Galicia

O obxectivo é acadar as máis de 1.000 horas de gravación precisas para que dispositivos como Siri, Alexa ou Google recoñezan as distintas cadencias lingüísticas

Ana Kiro ‘revive’ para representar a Galicia na Eurovisión da intelixencia artificial

Un grupo multidisciplinar presenta a delegación galega do festival, que terá lugar o 4 de novembro na Coruña

A galega Andrea Cascallar recibe o premio á mellor tese de Europa

A experta en intelixencia artificial realizou o seu doutoramento na USC e é a primeira muller nada en España en recibir o galardón