Sábado 20 Abril 2024

Inmaculada Paz Andrade, doutora Honoris causa pola UVigo

María Inmaculada Paz Andrade, catedrática de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, e Jacquelyn Campbell, experta en violencia de xénero da Universidade Johns Hopkins, serán as próximas doutoras Honoris Causa pola Universidade de Vigo, despois que o Consello de Goberno aprobase, na súa sesión ordinaria deste mércores, as propostas formuladas desde os departamentos de Física Aplicada e de Análise e Intervención Psicosocioeducativa, respectivamente. Con esta resolución, Paz Andrade e Campbell converteranse nas vixésimo sétima e vixésimo oitava Honoris Causa da institución viguesa, elevando a catro, tras Lynn Margullis e Eirén Moure, o número de mulleres que desde o ano 1992 recibiron a máxima distinción académica que outorga a Universidade de Vigo.

Paz Andrade é unha referencia mundial en Microcalorimetría, Termoxénese e Calorimetría Diferencial de Barrido

A candidatura de Paz Andrade xorde da proposta de Marta María Mato e José Luis Legido, do Departamento de Física Aplicada, para recoñecer a súa traxectoria científica como referencia mundial en Microcalorimetría, Termoxénese e Calorimetría Diferencial de Barrido. Actualmente Paz Andrade é profesora-investigadora Ad Honorem na USC, onde creou un dos máis destacados laboratorios de microcalorimetría de España e do mundo. En 1999 Paz Andrade comezou a desenvolver proxectos de investigación relacionados cos incendios forestais, creando o grupo THOR para elaborar ferramentas informáticas para a loita integral contra os lumes do que forman parte 44 especialistas de diferentes universidades. O director do Departamento de Física Aplicada, Manuel Martínez Piñeiro, cualificou a Paz Andrade de “figura senlleira da Física en Galicia e figura moi relevante na ciencia galega cun currículo que é un exemplo do que debe ser unha gran investigadora”.

Publicidade

Pola súa banda, a profesora do Departamento de Análise e Intervención Psicosocioeducativa María Lameiras foi a encargada de impulsar a candidatura de Jacquelyn Campbell, fundamentada “no excepcional currículo académico no ámbito da violencia de xénero cunha brillante traxectoria académica na universidade Johns Hopkins nos EEUU, que se remonta a case catro décadas, nas que cabe subliñar tamén o seu destacado papel de liderado e activismo a favor da igualdade e contra todas as formas de violencia que sofren as mulleres no mundo”. A súa traxectoria académica iníciase na década de 1980, cando comeza un estudo pioneiro sobre a violencia de xénero, cando este era aínda un tema invisibilizado e, en consecuencia, afastado do foco da ciencia. Con preto de 300 publicacións, Campbell tamén deseñou un instrumento para avaliar o risco de homicidio, Danger Assessment (DA), que se está a empregar en 28 estados de EEUU en casas de acollida, nos tribunais, departamentos de emerxencias, así como noutros servizos de saúde, e tamén en sete países máis.

A resolución sobre as novas doutoras Honoris Causa foi un dos acordos adoptados hoxe polos membros do Consello de Goberno, nunha sesión na que tamén se aprobou un límite de 3.702 prazas para de novo ingreso de grao para o curso 2018-2019, que arrancará o 3 de setembro. Na reunión tamé se bordaron, entre outros asuntos, o plan estratéxico do campus de especialización Vigo Tecnolóxico, aprobouse o Protocolo marco de actuación para o cambio de nome e xénero de uso común das persoas transexuais, transxénero e intersexuais, que converte a Vigo na primeira universidade galega e unha das poucas en España en dispoñer dunha normativa destas características. Tamén se deu luz verde ao cambio de denominación do Centro Singular de Investigación Oceáno Ecimat por Centro de investigación mariña da Universidade de Vigo co acrónimo IM-UVigo, así como ao regulamento da Biblioteca Universitaria e a participación nas empresas Alen Space e Biofast como EBT da Universidade de Vigo.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O festival CinVigo volve esta fin de semana á Porta do Sol con ciencia e diversión

A programación do CINBIO inclúe unha feira científica, obradoiros infantís, unha xincana, maxia e espectáculos

Un proxecto da UVigo sérvese da IA para mellorar a detección de cancro colorrectal

A rede AI4PolypNet está formada por oito grupos de investigación de Galicia, Estremadura, País Vasco e Cataluña

Un equipo de atlanTTic deseña antenas innovadoras para satélites xeoestacionarios

O proxecto da UVigo busca unha redución na masa e o volume da tecnoloxía, así como diminuír os custos

Un equipo da UVigo analiza en alta resolución o transporte de humidade no Atlántico norte

O grupo EphysLab investiga como se altera o ciclo hidrolóxico na rexión oceánica por procesos relacionados co cambio climático