Ilusión óptica: esta bóla parece que se move, pero realmente está estática

A ilusión óptica provoca que a bóla se mova ao axitar a pantalla ou mover a cabeza dun lado a outro. Fonte: Akiyoshi Kitaoka.

Se fitamos esta imaxe vemos unha bóla perfilada con pequenos cadros de cor azul sobre un fondo granate; e arredor del, cadros blancos perfilando tamén o oco que queda arredor da bóla azul. Pero esta ilusión óptica, elaborada polo profesor de Psicoloxía Akiyoshi Kitaoka, xera un curioso efecto no noso cerebro.

Se axitamos a pantalla do noso teléfono ou do noso portátil, veremos como a bóla azul parece moverse dentro do círculo no que está inscrita. E do mesmo xeito, se movemos a cabeza dun lado a outro, tamén percibiremos a mesma ilusión óptica.

Publicidade

A imaxe compartiuna este fin de semana o neurocientífico galego Xurxo Mariño, e acadou un importante alcance a través de Twitter.

Esta e outras imaxes curiosas poden verse na web de Akiyoshi Kitaoka, nesta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.