Xoves 28 Marzo 2024

O telescopio Hubble detecta o cometa máis grande xamais visto

Un novo estudo determina o tamaño do seu núcleo e ofrece máis luz sobre misterios do noso Sistema Solar

Os astrónomos que traballan no telescopio espacial Hubble acaban de confirmar o achado do cometa máis grande xamais detectado pola NASA. Este obxecto celeste é 50 veces máis grande que a maioría dos cometas coñecidos con 140 kilómetros de ancho. Isto é 4 kilómetros máis que a distancia de Melide a Vigo. A súa masa estímase na asombrosa cifra de 500 billóns de toneladas, 100.000 mil veces maior que a masa dun cometa típico que se atopa preto do sol.

Segundo comunica a NASA, o cometa xigante C/2014 UN271 (Bernardinelli-Bernstein) encárase nesta dirección a 35,405 kilómetros, “pero nunca se acercarán a máis de mil millóns de millas do Sol, que é un pouco máis lonxe que a distancia do planeta Saturno e isto non será ata o ano 2031”, comunica a Administración de Aeronáutica Espacial dos Estados Unidos.

Publicidade

Este corpo estelar é deses descubrimentos que din moito sobre as masas conxeladas que se compoñen na Nube de Oort (restos de gas e escombros do disco protoplanetario do Sistema Solar). Tense a crenza de que se formaron moi cedo no Sistema Solar interior, antes de ser enviados aos bordes exteriores polos efectos gravitatorios de planetas xigantes como Xúpiter e Saturno dando luz a moitas teorías e misterios do noso Sistema Solar.

(NASA/ESA/Man-To Hui, Macau University of Science and Technology/David Jewitt, UCLA/Alyssa Pagan, STScI). Esta secuencia mostra como se illou o núcleo do cometa C/2014 UN271 (Bernardinelli- Bernstein) dunha gran capa de po e gas que rodeaba o sólido núcleo xeado.

Fruto dunha casualidade

O cometa C/2014 UN271 foi descuberto por Pedro Bernardinelli e Gary Bernstein en imaxes de arquivo do Observatorio Interamericano Cerro Tololo en Chile de casualidade e por primeira vez en novembro de 2010 cando estaba a 3 mil millóns de millas do Sol, que é case a equivalencia media da distancia a Neptuno. O que quere dicir que a viaxe desta estrela cara ao Sol leva máis de un millón de anos. Dende ese momento, o cometa foi estudado intensamente nos telescopios terrestres e espaciais.

Expertos que falaron do cometa para a NASA, como Man-To Hui da Universidade de Ciencia e Tecnoloxía de Macao dixeron que é un obxecto asombroso, dado que xa se podía ver a súa actividade dende moitos quilómetros de distancia. Por iso podían intuír o seu descomunal tamaño. Porén traballaron moito para confirmar os datos co telescopio Hubble tomando 5 fotos do cometa o 8 de xaneiro do 2022.

Diagrama comparativo feito pola NASA
Ilustración feita por: NASA, ESA, Zena Levy (STScI) onde se compara o tamaño do cometa C/2014 UN271 (Bernardinelli-Bernstein) con outros

A oportunidade de mellorar

As previsións dos expertos é que acade a súa máxima aproximación ao Sol, coñecida como perihelio, en 2031. Nese momento o cometa Bernardinelli-Bernstein atoparase, aínda, a uns 1.000 millóns de millas do Sol, antes de partir cara ao exterior na súa traxectoria que ten forma ovoide. Isto quere decir que temos casi unha década para mellorar as condicións das observacións e aproveitar a oportunidade que se nos dará nese momento o cometa. Ata entón seguiremos á espera.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Un asteroide troiano de Xúpiter pasará polo ceo de Galicia

En Santiago de Compostela hai un 34 % de probabilidade de observar a ocultación dunha estrela

A Lúa non ten ceo

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de “E se estivésemos equivocados? E se a Terra...

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón