Venres 29 Marzo 2024

O Hospital de Pontevedra aplicará intelixencia artificial nos cribados de cancro de colon

Pontevedra atópase entre as 20 provincias con máis incidencia de España, con case un milleiro de casos anuais

No Día Mundial Contra o Cancro de Colon, o Servizo de Aparello Dixestivo do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra anuncia a chegada de novos sistemas de intelixencia artificial cuxo obxectivo é optimizar a detección de tumores e lesións premalignas no cribado de cancro de colon. O colorrectal é o cancro de maior incidencia en España.

Pontevedra, con cerca de un milleiro de casos anuais, atópase entre as 20 provincias con maior incidencia. O cribado de cancro colorrectal, dirixido a persoas de entre 50 e 69 anos, é crucial para a detección e extirpación de pólipos antes de que se convertan en tumores, así como para a detección de cancros nas súas primeiras fases.

Publicidade

O sistema chegará a Pontevedra nas vindeiras semanas

Nas vindeiras semanas, o Servizo de Aparello Dixestivo de Pontevedra incorporará PolyDeep, un sistema para a detección e clasificación de pólipos colorrectais en tempo real con intelixencia artificial, que servirá de apoio nas probas de colonoscopia do cribado de cancro colorrectal. Este recurso incorpórase no marco dun proxecto de investigación do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur no que tamén colabora a Universidade de Vigo e as áreas sanitarias de Ourense, Vigo e Pontevedra-O Salnés a través dos seus servizos de Aparello Dixestivo.

A colaboración entre diversos centros é fundamental para o adestramento desta tecnoloxía, tal e como explica o xefe de servizo de Aparello Dixestivo do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, o doutor Juan Turnes: “este tipo de sistemas de intelixencia artificial necesitan aprender, é por iso que pasará polos tres hospitais da Área Sanitaria co obxectivo de ampliar ao máximo o número de imaxes diferentes que procesa. Isto fará o sistema máis preciso”.

O sistema de detección PolyDeep conéctase aos aparellos de endoscopia e sirve de apoio para o profesional encargado de facer a proba, chegando a incrementar dun 5% a un 10% o número de pólipos que un endoscopio é capaz de detectar.

Aposta polas tecnoloxías disruptivas

O servizo de Aparello Dixestivo do Complexo Hospitalario Universitario pontevedrés conta con máis dun ano de experiencia con sistemas similares a PolyDeep.

Segundo o doutor Turnes, “no momento actual dispoñemos dun equipo de características similares co que levamos traballando dende febreiro de 2022 cun resultado moi positivo, xa que aumenta a confianza do profesional ao evitar que se pasen por alto certas lesións. Creo que este tipo de sistemas serán frecuentes nos vindeiros meses ou anos en todas as unidades de endoscopia”.

Ademais dos mencionados, o Complexo Hospitalario Universitario pontevedrés incorporará outros dous sistemas con intelixencia artificial ao cribado de cancro colorrectal nos vindeiros meses.  Estes novos sistemas serán introducidos en fase de adestramento e avaliación a través dun proxecto cunha das principais casas comerciais de endoscopia dixestiva.

“Para nós é unha experiencia moi positiva, non só para poder ofrecer estas tecnoloxías aos nosos pacientes, senón porque isto reflicte a confianza que teñen na nosa Área Sanitaria as compañías que desenvolven estes sistemas”, explica o doutor Juan Turnes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Pódcast | Máis alá dos videoxogos: o uso das imaxes creadas con IA

O investigador do CITIC José Antonio Iglesias Guitián analiza no oitavo episodio de O Descodificador as vantaxas e inconvenientes da xeración sintética de gráficos por ordenador

Pódcast | Reloxos intelixentes e medicina do sono: así nos axuda a tecnoloxía a vivir mellor

Os investigadores do CITIC Diego Álvarez e Patricia Concheiro analizan no sétimo episodio de O Descodificador as aplicacións biomédicas da IA

▪️ Expertos en tecnoloxía, ciencias e humanidades asesoran a Xunta para o uso ético da IA

A comisión de especialistas elabora recomendacións para impulsar accións formativas e a sensibilización na administación e empresas

Pódese predicir o estrés emocional dos adolescentes a través da voz? Así o investiga atlanTTic

Dende o centro da UVigo lidéranse varios proxectos nos que se utiliza a intelixencia artificial para analizar a fala e, así, mellorar a calidade de vida das persoas