Venres 29 Marzo 2024

HackForGood busca na universidade apps para mellorar o mundo

Se na pasada edición o reto eran as cidades intelixentes, desta volta HackForGood busca aplicacións que axuden a mellorar o mundo a través do uso de datos xerados na contorna dixital ou Big Data. A cita con este hackaton no campus de Vigo será os días 25, 26 e 27 de febreiro, datas nas que se celebrará simultaneamente en 14 sedes coa participación de preto de 1000 estudantes de 20 universidades de toda España. Esta será a 4º edición do HackForGood, a segunda consecutiva na que este encontro de programadores organizado por Telefónica se celebra en Vigo.

A primeira parte do evento, denominada Startups University Day, terá lugar de forma simultánea en cada unha destas catorce sedes. Nel presentaranse as mellores prácticas de emprendemento en cada unha das 20 universidades participantes. Posteriormente haberá unha presentación global por videoconferencia con conexión de todas as sedes e, na segunda parte do evento, os equipos desenvolverán aplicacións e solucións a unha serie de retos, valorándose a formación de grupos multidisciplinares que inclúan todos os perfís necesarios para o desenvolvemento de servizos e aplicacións, é dicir, estudantes dos eidos de enxeñaría, deseño, informática, socioloxía, emprendemento, etc.

Publicidade

Os universitarios deben crear aplicacións para móbil que sexa útiles para a sociedade

As aplicacións que o alumnado das 20 universidades deseñen responderán aos retos que, tanto a organización como calquera outra persoa poden propoñer a través da web do HackForGood. Entre os temas xa sinalados destaca a creación dunha aplicación que a partir das fontes de datos abertas dos concellos facilite á cidadanía o goce dunha cidade mellor; o desenvolvemento dunha lonxa de produtos de agroecoloxía; o deseño dunha aplicación móbil para conectar a persoas que queiran facer voluntariado coas necesidades das entidades sociais ou a posta en marcha dun sistema para reducir a contaminación atmosférica nas cidades.

O obxectivo das cátedras Telefónica que participan no HackForGood, entre elas a de Vigo, é crear valor social para o futuro, facilitar un marco para madurar os proxectos e as ideas e dar visibilidade ao talento. Na pasada primavera, cando se celebrou o HackforGood en Vigo por primeira vez, participaron unha trintena de estudantes, principalmente da enxeñarías. Desta fase local resultaron gañadores cinco proxectos, sendo o primeiro premio para Pulsafe, unha app pensada para o seguimento activo da saúde das persoas. O segundo premio foi para Sanet, aplicación centrada en mellorar a relación médico-paciente e centralizar a información sanitaria. Anciáns SOS foi escollida como terceiro premio, unha aplicación destinada a persoas maiores que viven soas, e que permite realizar un seguimento do seu estado. O premio Think Big Vigo outorgouse ao proxecto GreenScouter, unha plataforma para localizar rutas limpas, utilizando datos de tráfico e de contaminación do aire e o premio Open Future Vigo foi para o proxecto Espectrofotómetro, dirixido a detectar contaminantes na auga.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As cinzas dos lumes de 2017 poden causar alteracións no plancto costeiro da Vigo

O estudo realizado por investigadores do CIM da Universidade de Vigo centra a súa investigación na escorredura posterior ás queimas

Os bioplásticos e polímeros sintéticos teñen realmente capacidade de biodegradación?

O proxecto Polbio nace para determinar se este proceso pode ter algún efecto tóxico en ambientes terrestres e acuáticos

Un método estatístico permite detectar por primeira vez que liñaxes celulares evolucionan máis rápido

O estudo, no que colabora a Universidade de Vigo, axudaría a identificar mutacións con incidencia en enfermidades como o cancro

“O ingreso de mulleres nas carreiras de enxeñería está en declive”

Soledad Torres Guijarro, profesora na UVigo, investiga na actualidade a contaminación acústica nos ecosistemas submarinos e como reducila