Xoves 28 Marzo 2024

Gran nebulosa de Orión M42

Créditos da imaxe e copyright: Terry Hancock (Down Under Observatory)
Créditos da imaxe e copyright: Terry Hancock (Down Under Observatory)

Explicación: a Gran Nebulosa de Orión, tamén coñecida coma M42, é unha das nebulosas do ceo máis famosa. As nubes de gas brillante da rexión de formación estelar e as estrelas novas e quentes están á dereita desta imaxe definida e chea de cor que inclúe ás nebulosas azuladas de reflexión NGC 1977 e amigas á esquerda. Localizada no bordo do outrora invisible complexo de nubes moleculares xigante, estas nebulosas atractivas representan só unha pequena fracción desta riqueza de material interestelar da veciñanza cósmica. No interior da ben estudiada gardería estelar, os astrónomos tamén identificaron o que semellan ser numerosos sistemas planetarios infantes. A espectacular paisaxe celeste abarca case dous graos ou uns 45 anos luz á distancia estimada para a Nebulosa de Orión de 1.500 anos luz.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente