Venres 29 Marzo 2024

Galaxias afastadas

Créditos da imaxe e copyright: Datos – Hubble Legacy Archive, Procesado – Domingo Pestana
Créditos da imaxe e copyright: Datos – Hubble Legacy Archive, Procesado – Domingo Pestana

Explicación: este grupo espectacular de galaxias está lonxe, moi lonxe, a uns 450 millóns de anos luz de distancia do planeta Terra e catalogado coma o cúmulo de galaxias Abell S0740. Esta imaxe do Telescopio Espacial Hubble reprocesada, dominada pola gran galaxia central elíptica central do cúmulo (ESO 325-G004), cacha unha destacada antoloxía de formas e tamaños galácticos con só unhas poucas estrelas con puntas por diante espallada polo campo. A xigante galaxia elíptica (dereita do centro) abarca uns 100 000 anos luz e contén uns 100 milleiros de millóns de estrelas, comparable en tamaño á nosa propia galaxia espiral Vía Láctea. Os datos do Hubble poden desvelar unha abundancia de detalles aínda nestas galaxias afastadas, incluíndo brazos e corredores de po, cúmulos de estrelas, estruturas de anel e arcos de lentes gravitatorias.

Fotos astronómicas e música de theremín en vivo na Coruña o 25 de maio.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

O James Webb detecta a galaxia ‘morta’ máis antiga coñecida

Un equipo internacional de astrónomos, con participación española, observou que a formación estelar non formaba novas estrelas 700 millóns de anos despois do Big Bang

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites