Xoves 28 Marzo 2024

A galaxia agochada IC 342

Créditos da imaxe e copyright: T. Rector (U. Alaska Anchorage), H. Schweiker, WIYN, NOAO, AURA, NSF
Créditos da imaxe e copyright: T. Rector (U. Alaska Anchorage), H. Schweiker, WIYN, NOAO, AURA, NSF

Explicación: semellante en tamaño ás galaxias espirais grandes e brillantes da nosa veciñanza, IC 342 está a tan só 10 millóns de anos luz de distancia na constelación setentrional, de longo pescozo, de Camelopardalis. IC 342, un universo illa estarricado, sería unha galaxia destacada no noso ceo nocturno, pero está agochada dunha visión clara e só se albisca ao través do veo de estrelas, gas e nubes de po ao longo do plano da nosa propia galaxia da Vía Láctea. Incluso ao través da luz de IC 342 que se atenúa polas nubes cósmicas que se interpoñen, esta definida imaxe telescópica perfila o propio po escurecedor da galaxia, os cúmulos estelares azuis e as rexións de formación estelar rosadas e brillantes ao longo dos brazos espirais que se espallan ben lonxe do núcleo da galaxia. IC 342 pode ter sufrido un estoupido recente de actividade de formación estelar e está abondo preto para ter influído gravitatoriamente a evolución do grupo local de galaxias e a Vía Láctea.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

O James Webb detecta a galaxia ‘morta’ máis antiga coñecida

Un equipo internacional de astrónomos, con participación española, observou que a formación estelar non formaba novas estrelas 700 millóns de anos despois do Big Bang

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites