Venres 19 Abril 2024

A gaivota mailo parrulo

Créditos da imaxe e copyright: Raúl Villaverde Fraile
Créditos da imaxe e copyright: Raúl Villaverde Fraile

Explicación: estas nebulosas, vistas coma unha gaivota e un parrulo, non son as únicas nubes cósmicas que evocan imaxes de voo. Pero ámbalas dúas están a abrir as ás no seu camiño por esta ampla paisaxe celeste, abarcando case 7 graos no ceo nocturno do planeta Terra cara a constelación Canis Major. A ampla Gaivota (por riba do centro) está a súa vez formada por dúas nebulosa de emisión máis grandes catalogadas. A máis brillante NGC 2327 forma a cabeza coa máis difusa IC 2177 como as ás e o corpo. Impresionantemente, a envergadura da Gaivota correspondería cuns 250 anos luz á distancia estimada da nebulosa de 3 800 anos luz. Na parte inferior dereita, o Parrulo semella moito máis compacto e abarcaría só uns 50 anos luz aos seus 15.000 anos luz de distancia estimada. Inflado por potentes ventos procedentes dunha estrela quente e moi masiva preto do seu centro, a nebulosa do Parrulo catalógase coma NGC 2359. Por suposto, o groso corpo do Pato e os apéndices alados préstanse a un alcume lixeiramente máis teatral, o Helmo de Thor.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

As gaivotas trasladan centos de quilos de plástico dos vertedoiros ás reservas naturais

Un equipo internacional liderado pola Estación Biolóxica de Doñana do CSIC desenvolveu un modelo de deposición de residuos baseado na dieta e o movemento destas aves