Martes 16 Abril 2024

Gabriele Veneziano, ‘pai’ da teoría de cordas, visita Galicia

A teoría de cordas é un modelo co que se pretende explicar a orixe das partículas elementais que configuran a materia, todo o que coñecemos e somos. Segundo os seus postulados, asúmese que as partículas non son puntos cunha determinada estrutura, senón que en realidade trátase dunha especie de “vibracións”. E un dos seus ‘pais’, o físico italiano Gabriele Veneziano (Florencia, 1942) estará en Galicia a vindeira semana.

En 1968, con 26 anos, atopou os datos precisos para formular o modelo da teoría de cordas

Veneziano desenvolveu a súa carreira nalgúns dos centros de investigación máis prestixiosos do mundo, como o Massachusetts Institute of Technology (MIT) e o CERN. Neste último centro, en 1968, acadou os achados cos que formulou a súa célebre teoría. Grazas a isto, recibiu ao longo da súa carreira premios como o Pomeranchuk ou as medallas Albert Einstein e Oskar Klein.

Publicidade

A visita de Veneziano a Galicia enmárcase na Semana da Ciencia que organiza o Instituto Galego de Fïsica de Altas Enerxías (IGFAE). O luns 12 de novembro, ás 20 horas no Auditorio Abanca, o físico italiano ofrecerá a conferencia “Teoría de cordas: vida, morte e milagres”, unha sesión aberta ao público xeral na que explicará as bases do modelo que propuxo. Haberá tradución simultánea do inglés.

Dentro da Semana da Ciencia organizada polo IGFAE, terá tamén lugar a entrega dos premios do concurso de divulgación científica convocados polo Instituto. O acto celebrarase o xoves 15 de novembro ás 18 horas na Aula Magna da Facultade de Física. O prazo aínda está aberto, ata o 8 de novembro.

NerdNite sobre teoría de cordas

Por outra banda, para achegar aínda máis a teoría de cordas ao público, a NerdNite de novembro, que se celebra o martes 13 ás 21 horas na Nave de Vidán, terá unha sesión especial dedicada ao modelo proposto por Veneziano.

Falarán Javier Mas Solé, profesor de Física Teórica da USC, coa charla “O discreto encanto do cuanto”, José Edelstein, docente do mesmo departamento, coa charla “Como dous estraños”, e o catedrático Alfonso Vázquez Ramallo, que falará de “As supercordas e os cabos soltos da Física”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Primeiras medidas do bosón de Higgs a enerxía récord

O experimento do Gran Colisionador de Hadróns do CERN permite novas análises dos 'trazos' distintivos que deixa este corpo ao desintegrarse noutras partículas

O comportamento humano altérase de xeito notorio en grupos de máis de 180 persoas

Unha nova análise matemática permite comprender como cambiará unha empresa ou unha rexión por medrar de tamaño

A forza dos raios: mortais nun radio de dez metros e inofensivos dentro dun coche

A presenza da gaiola de Faraday provoca que o campo electromagnético dentro dun condutor en equilibrio estático sexa nulo

Alain Aspect, John F. Clauser e Anton Zeilinger gañan o Premio Nobel de Física

A Academia Sueca recoñece o traballo destes científicos polos seus experimentos de entrelazamentos de fotóns e por seren pioneiros na ciencia da información cuántica